Nutrimentos Deza (Nudesa) é unha empresa galega que produce penso composto nunha rede de abastecemento a gandeiros, negocio ao que se suman granxas propias de parideiras para venda de porcino que tamén consumirían o seu penso. Actualmente é unha sociedade anónima, fundada como cooperativa de gandeiros. Ten a súa sede en Silleda.

Características

Ten 10 explotacións de parideiras, tanto propias coma integradas, produce 250 millóns de quilos de penso ao ano e vende 300.000 porcos no mesmo período (280.000 directos, máis os vendidos aos clientes que colaboran con eles nas granxas de porcas) Inclúen no seu portafolio a venda de penso ao sector da carne de vacún, pero neste sector sen explotacións propias.

Cunha facturación superior aos 158 millóns de euros ao ano Nudesa ocupa o primeiro posto como empresa con maior facturación da comarca de Deza e ocupa o número 88 dentro das 100 empresas con maior facturación de toda Galicia, o 23 dentro da provincia de Pontevedra.

Historia A empresa fundárona en 1977 por gandeiros residentes na comarca do Deza, entre eles o actual conselleiro delegado da empresa José Carlos Fondevila Pérez, coa visión de potenciar e profesionalizar o sector primario a través da fabricación e subministración de pensos. Tras unha primeira etapa durante os anos 80 en Lalín en 1993 construíuse unha nova sede en Silleda, na saída da vila en dirección a Santiago de Compostela.

Ao longo dos anos a empresa experimentou un crecemento constante ata consolidarse como líderes do sector primario galego e converterse na primeira empresa da comarca en venda gratuíta de pensos dentro da súa rede de produción de porcino. En Galicia e Asturias venden penso en todo o territorio e na provincia de Burgos véndenlle porcino á empresa Campofrío, como en La Bañeza onde operan co mesmo principio xunto con Embutidos Rodríguez. En Portugal promoven outra rede de venda en simultáneo de penso e porcino.

En abril de 2024 inaugurouse a segunda fábrica en activo no polígono industrial de Silleda, deseñada cun orzamento de 6 millóns de euros, con 45 metros de altura e capacidade para procesar 20 toneladas á hora de millo, cebada e soia procedentes na súa maioría do comercio co portos da Coruña e o porto de Marín.

A empresa ten máis de 100 empregados. Distincións A empresa acadou tres premios á mellor granxa do Ministerio de Agricultura español.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gandaría

Categoría:Empresas de nutrición animal Categoría:Silleda Categoría:Carne de porco