Woman of the Hour é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Anna Kendrick e escrito por Ian McDonald. Baséase na historia real do asasino en serie Rodney Alcala e a súa aparición en 1978 no programa de televisión The Dating Game no medio da súa onda de asasinatos. O filme está protagonizado por Kendrick como a concursante do programa Sheryl Bradshaw e Daniel Zovatto como Alcala, xunto a Nicolette Robinson e Tony Hale. No momento do programa, Alcalá asasinara cando menos cinco mulleres, e a súa aparición no episodio máis tarde valeulle o alcume de "The Dating Game Killer".
Woman of the Hour estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2023, e estreouse en Netflix o 18 de outubro de 2024.
Personaxes Anna Kendrick como Sheryl Bradshaw Daniel Zovatto como Rodney Alcala Tony Hale como Ed Nicolette Robinson como Laura Pete Holmes como Terry Autumn Best como Amy Kathryn Gallagher como Charlie Kelley Jakle como Sarah Matt Visser como Bachelor #1 Jedidiah Goodacre como Bachelor #2
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en 1971 Categoría:Filmes ambientados en 1977 Categoría:Filmes ambientados en 1978 Categoría:Filmes ambientados en 1979