Pirólise, é s. str. unha reacción de análise ou descomposición que se produce pola acción das altas temperaturas. A estrutura molecular orixinal dun determinado composto vese alterada pola acción da calor nun ambiente con pouco ou ningún osíxeno.

Con todo, nun sentido amplo, a pirólise é calquera dos procesos de descomposición, ou alteración da composición, dun composto ou mestura mediante a acción da calor, nas condicións descritas anteriormente, como a carbonización . Quizais a excepción sexan as reaccións térmicas realizadas en presenza dun catalizador, cando segundo certos autores, serían mellor definidas como reaccións de reformación catalítica ou "craqueo" catalítico.

Terminoloxía A palabra "pirólise" provén do grego πῦρ (pyr, pyrós), que significa "lume" ou "febre violenta", e λύσις (lýsis), que significa "disolución", reflectindo o proceso de descomposición química inducida polo calor ou o lume.

O termo entrou no vocabulario científico como neoloxismo no século XIX, sendo adoptada inicialmente en lingua francesa como pyrolyse no ano 1869.

Usos miniatura|Bioaceite obtido mediante o proceso de pirólise.|481x481pxEste sistema é moi utilizado pola industria petroquímica e na fabricación de fibra de carbono.

Outra aplicación da pirólise é no tratamento de residuos . O proceso é autosustentábel dende o punto de vista enerxético, xa que a descomposición química a través da calor en ausencia de osíxeno produce máis enerxía da que consome.

O reactor pirolítico para o tratamento de residuos funciona con calquera produto, desde residuos domésticos até residuos industriais e plásticos que se trituran inicialmente tras ser previamente seleccionados.

A través deste proceso prodúcense biocombustibles.

Despois da selección e trituración, o material pasa ao reactor pirolítico onde se produce unha reacción endotérmica e a consecuente separación dos subprodutos.

Notas

Véxase tamén

Alcatrán Biocombustíbel Biodiésel Combustible Gasolina de pirólise

Categoría:Reaccións químicas