miniatura|Marcos o Evanxelista. Marcos é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués e co castelán. A súa orixe é o latín Marcus, nome teofórico que fai referencia ao nome do deus Marte (provén dun anterior *Mart-co-s, Marti-co-s, e este de Mars, Martis 'Marte'). En galego tamén ten a variante Marco.

En xaneiro de 2023 existían 10.778 varóns en Galicia co nome Marcos, cunha media de idade de 34,7 anos,Nome Marcos na Web do Instituto Galego de Estatística e 1.796 co nome Marco, cunha media de idade de 12,8 anos.Nome Marco na Web do Instituto Galego de Estatística

Marcos noutras linguas Alemán: Markus Aragonés: MarcoEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Bretón: Mark Catalán: Marc Castelán: Marcos Éuscaro: Marko/Marka/Marz Francés: Marc Inglés: Marcus/Mark Italiano: Marco Portugués: Marco/Marcos Romanés: Marcu Ruso: Mark

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos portugueses