Antonio Cristian Glauder García, nado en Alxeciras o 18 de outubro de 1995, é un futbolista español que xoga como defensa central no Cádiz, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras de Algeciras, Cádiz, Barcelona e Vilarreal. Debutou no equipo C deste último o 3 de setembro de 2014, nun partido da Tercera División contra CD Acero no que acabou expulsado.
O 6 de xullo de 2015 asinou un contrato de dous anos co Espanyol, sendo asignado ao filial da Segunda División B. O 7 de xullo de 2017 firmou por tres anos co Deportivo Alavés, e foi inmediatamente cedido ao NK Rudeš da Prva HNL.
O 18 de xullo do ano seguinte incorporouse ao Fuenlabrada. O 9 de xullo de 2019, despois de ser titular indiscutible e lograr un histórico ascenso á Segunda División, asinou un contrato permanente co club. Estreouse na categoría de prata o 25 de agosto, marcando un gol ante o Extremadura UD.
Na tempada 2021/22 militou na SD Eibar e a continuación xogou dous anos no Albacete. O 16 de xuño de 2024 asinou co Cádiz CF, que viña de descender a Segunda.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Alxeciras Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do CF Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do Villarreal CF C