Teresita de Jesús Delgado Salinas, máis coñecida como Susy Delgado, nada en San Lorenzo, Paraguai, o 20 de decembro de 1949, é unha socióloga, escritora, narradora, xornalista, tradutora e poetisa bilingüe en guaraní e castelán. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura do seu país.
Traxectoria Rematou os seus estudos secundarios en San Lorenzo. É licenciada en Medios de Comunicación pola Universidade Nacional de Asunción. É posgraduada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.
Cultivou o xornalismo, sendo columnista do xornal La Nación de Asunción. En 1984, obtivo a “Mención de Honra” no Certame de Poesía organizado polos Amigos da Arte. En 1985 foi seleccionada como finalista do I Encontro Hispanoamericano de Mozos Creadores, en Madrid. En 2016 foi finalista do Premio Municipal de Literatura. En 2017 gañou o Premio Nacional de Literatura por Yvytu yma.
É membro da Academia da Lingua Guaraní.
É a tradutora da obra de Rosalía de Castro ao guaraní.
Obras en castelán
1986 Algún extraviado temblor 1991 El patio de los duendes. Fue "Premio Radio Curupayty 1991" y "Premio Junta Municipal 1992" (éste compartido con Jorge Montesino) 1995 Sobre el beso del viento 1998 La rebelión de papel 2003 Las últimas hogueras
Obras en guaraní
1987 Tesarái mboyvé (en galego, Antes do Esquecemento); tradución de Carlos Villagra Marsal e Jacobo A. Rauskin 1992 Tataypýpe (Polo lume); tradución da autora 1999 Ayvu Membyre (Fillo dese verbo) 2010 Kuña (Muller); tradución da autora 2016 Yvytu yma (Vento Vello); tradución da autora
As súas obras foron traducidas ao inglés e ao portugués. Tamén ten poemas incluídos en antoloxías, revistas e suplementos literarios nacionais e estranxeiras.
(2001) Antología primeriza, Editorial Arandura (2002) La sangre florecida, a súa primeira novela. Editorial Arandura (2003) Las últimas hogueras, Editorial Arandura (2008) Jevy ko’ê, Día del regreso, Editorial Arandurã
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos biográficos e obra
Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Asunción Categoría:Escritores en lingua guaraní Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Paraguai Categoría:Escritores de Paraguai Categoría:Tradutores de Paraguai Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao guaraní