O obxectivo (en ; Pyojeok) é un filme surcoreano de 2014 dirixido por Yoon Hong-seung e protagonizado por Ryu Seung-ryong, Lee Jin-wook, Yoo Jun-sang e Kim Sung-ryung. É un remake do filme francés de 2010 À bout portant. Estreouse o 30 de abril de 2014 nos cinemas de Corea do Sur, fóra de competición na sección Midnight Screenings do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014.
Estreouse dobrado en galego o 22 de novembro de 2024 a través da plataforma AGalega.
Sinopse O antigo mercenario Yeo-hoon reformouse e leva unha vida normal, ata que é incriminado na morte dun destacado CEO. Escapa, recibe unha bala e acaba nunha cama de hospital. Un médico do hospital, o residente médico Tae-joon, axúdao a escapar dos seus perseguidores. Cando a muller embarazada de Tae-joon é secuestrada, os dous homes embárcanse nunha perigosa persecución de 36 horas.
Personaxes
Ryu Seung-ryong como Baek Yeo-hoon Lee Jin-wook como Lee Tae-joon Yoo Jun-sang como Song Gi-cheol Kim Sung-ryung como Jung Young-joo Jo Yeo-jeong como Jung Hee-joo Jo Eun-ji como Park Soo-jin Jin Goo como Baek Sung-hoon Kim Dae-myung como Jang Gyu-ho Jang Joon-nyeong como Lee Jeong-soo Yeom Ji-yeong como Yoo Hyeon-young Lee Hyun-wook como Jo Sang-woo Jo Kyeong-hoon como Jang Pil-joo Kim Tae-hwan como asasino 1 Ki Se-hyeong como asasino 2 Joo Seok-je como Jang Jin-seong Kim Jong-gu como xefe de policía Byun Sang-yoon como membro do equipo Yeong-joo Yoo Yeong-bok como Yang Dong-seok Wi Yang-ho como Arch king Jang Eun-seon como doutora feminina Shin Dam-soo como Drunk Kim Young-jae como prosecutor
Acollida O obxectivo estreouse o 30 de abril de 2014. Tivo unha estrea sólida malia ocupar o terceiro lugar na recadación, por detrás de Yeongnin (outro filme coreano estreado o mesmo día) e The Amazing Spider-Man 2. Cunha cota de mercado do 21,5 %, vendeu 1,35 millóns de entradas e recadou 6,46 millóns de dólares na súa primeira semana.
Na súa segunda semana, o filme alcanzou o segundo posto na recadación, cun total de máis de 2 millóns de entradas de 716 pantallas en todo o país.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Chang Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes de CJ Entertainment Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego