miniatura|289x289px|Ficha de ½ penique emitida pola Parys Mine Company de Anglesey en 1788. O deseño do druída con caparucha foi moi recorrente neste tipo de emisións."½ Penny Anglesey - Parys Mines Company / Druid Series". Numista.com

As fichas Conder, moi coñecidas tamén como Conder tokens, pola súa denominación en inglés, son unhas moedas de cobre cuñadas de xeito privado e utilizadas durante a derradeira parte do século XVIII e a primeira do século XIX en Inglaterra, Gales —incluída Anglesey—, Escocia e Irlanda.

A razón de ser da emisión destas fichas comerciais —todas elas de escaso valor facial— foi a escaseza de moeda miúda oficial que se daba na época, mais a súa demanda viuse impulsada por outros factores como a Revolución Industrial, o crecemento demográfico ou a proliferación de moedas falsificadas en circulación. Dados os poucos esforzos do Goberno para remediar esa escaseza, os propietarios de negocios e comerciantes privados procuraron a súa propia solución coa emisión destas fichas comerciais; as primeiras cuñáronse en 1787 para o pagamento dos traballadores da Mine Company, de Anglesey. En 1795 xa estaban en circulación millóns destas moedas, que se fixeron de uso común en toda Gran Bretaña.

Cómpre distinguir as fichas Conder, que tiñan unha boa calidade de execución, dunha serie anterior de emisións privadas similar, coñecidas como "fichas de evasión" (evasion tokens), características da metade do século XVIII en Gran Bretaña e emitidas co mesmo propósito. As fichas de evasión tiñan un deseño e unha produción moi pouco coidados e unha maior semellanza coas moedas oficiais británicas, e portaban lendas ás veces carentes de sentido, para evadir o castigo polas leis contra a falsificación (de aí o seu nome)."18th Century Evasion Tokens". Conder Token Collectors Club (CTCC.info)

miniatura|290x290px|Ficha de medio penique emitida por James Conder en 1794."Makeshift money: Tokens in the Te Papa collection". "½ Penny Suffolk - Ipswich / J. Conder". Numista.com

O coleccionismo de fichas Conder foi moi popular xa desde pouco despois de que se fabricasen por primeira vez, o que deu como resultado a dispoñibilidade actual de exemplares en estados de conservación excelentes. Os límites do que se considera ou non unha ficha Conder non están claros; no entanto, no ámbito do coleccionismo numismático adóitase considerar que esta denominación abrangue as pezas catalogadas orixinalmente por James Conder en 1798 e posteriormente por Dalton e Hamer (1910-1917).

Historia

Escaseza de moeda miúda miniatura|esquerda|Thomas Williams, o "Rei do cobre" de Parys Mountain, por T, Lawrence (Wales Museum)."Thomas Williams (1737-1802). Lawrence, Sir Thomas (1769-1830)". Museum Wales (Museum.wales).

En Gran Bretaña, xa se constatara unha notable escaseza de moeda miúda en circulación desde finais do século XIV, e esta situación xeraba dificultades para o pagamento dos traballadores e para a realización das pequenas transaccións habituais da vida diaria. A escaseza persistiu e mesmo empeorou cara a finais do século XVII e volveuse particularmente problemática a mediados do século XVIII.Selgin, G. (2011). Páxina 4. A emerxencia de moeda miúda chegou ao seu límite como consecuencia do traslado de moitos traballadores dos traballos agrícolas á forza laboral nas fábricas durante a Revolución Industrial, e as nóminas das fábricas resultaban case imposibles de cubrir para os empregadores, dado que carecían de subministración de moedas.Selgin, G. (2011). Páxinas 4-8.

Ao mesmo tempo, a taxa de crecemento demográfico de Gran Bretaña entre 1750 e 1800 case se cuadruplicou.Selgin, G. (2011). Páxina 8. A situación non fixo máis que empeorar logo da saída de moedas de prata británicas a por factores como a lei de Gresham e a abundancia de moedas de cobre falsificadas en circulación. Durante moitos anos, non se cuñou ningunha moeda de cobre nin de prata na ceca real británica e en 1775 o rei Xurxo III detivo formalmente a produción de moedas de cobre na Royal Mint.Selgin, G. (2011). Páxinas 11-37."18th Century Provincial Tokens (“Conder Tokens")". Conder Tokens Collectors Club (Ctcc.info).

En 1768 achouse unha das veas de cobre máis grandes do mundo en Parys Mountain, na illa de Anglesey, no noroeste de Gales.Selgin, G. (2011). Páxinas 38-40. En 1785, Thomas Williams (o "Rei do cobre"), actuando como representante da Parys Mine Company, reuniuse co director da Real Casa da Moeda de Londres para lle propor que as moedas reais de cobre se cuñasen utilizando un método disuasorio da falsificación, gravando letras nos seus cantos; na proposta establecíase que a Parys Mine Company lle proporcionaría á ceca real británica a tecnoloxía necesaria para o facer, e sería tamén a encargada da subministración do cobre. Mais o director da Royal Mint rexeitou o ofrecemento e mesmo decidiu cancelar as cuñaxes de cobre, o cal agravou aínda máis a situación.Rodgers, K. (2009). Ademais, poucas das moedas de prata que entraban na circulación eran auténticas, e mesmo as moedas oficiais cobre eran refundidas e substituídas por falsificacións máis lixeiras.Lobel, R. (1999). Páxinas 575. A Royal Mint non cuñou moedas de cobre durante 48 anos, desde 1773 ata 1821.Tungate, S. (2009). Páxina 80. As raras ocasións en que a ceca real cuñou moedas nesa época, estas eran relativamente brutas e o control de calidade non existía.

En febreiro de 1787, Williams supervisou a cuñaxe da primeira das numerosas fichas comerciais de cobre emitidas de xeito privado, algunhas das cales se utilizaron para o pagamento aos traballadores da Parys Mine Company.Selgin, G. (2011). Páxinas 40-43. Estas primeiras emisións levaban a imaxe dun druída con caparucha, e ao cabo de dous meses estaban xa recibindo a consideración das autoridades en Londres como unha posible solución á escaseza de moedas de pequeno valor facial.Selgin, G. (2011). Páxinas 43-49. Non moito tempo despois da aparición dos primeiros tokens do druída, outras cidades, empresas e propietarios seguiron o seu exemplo e comezaron a deseñar e a cuñar as súas propias moedas.Selgin, G. (2011). Páxinas 121-153.

Matthew Boulton e a Ceca de Soho miniatura|esquerda|Matthew Boulton en 1792, pintado por C. F. von Breda (Birmingham Museums)."Matthew Boulton (1728-1809). Carl Fredrik von Breda (1759–1818). Birmingham Museums Trust ". Artuk.org Véxase tamén: Matthew Boulton. Véxase tamén: Ceca de Soho.

A demanda de moeda miúda fíxose patente, e con ela medrou de camiño a popularidade das fichas de cobre que se aproximaban ao tamaño do medio penique. Un dos máis sobranceiros e máis prolíficos produtores destes tokens privados emitidos a nome de comerciantes foi Matthew Boulton. De feito, durante a súa vida Boulton cuñaría millóns destas pezas comerciais.Mayhew, N. (1999). El non era alleo á fabricación de pequenos artigos metálicos, xa que dirixira durante moitos anos o seu negocio familiar, especializado en fibelas e artigos similares. A mediados da década de 1780, Boulton centrou a súa atención na cuñaxe de moedas; aos seus ollos, as moedas ou fichas comerciais non eran máis que outro pequeno produto metálico como os que viñera producindo durante anos. Tamén tiña accións en varias minas de cobre de Cornualla e mantiña unha gran reserva persoal de cobre, adquirida cando as minas non podían dispor del noutros lugares.Smiles, S. (1865). Páxina 399. Así e todo, cando lle enviaron pedidos para a produción de diñeiro falso, Boulton rexeitou tal posibilidade: "Farei calquera cousa, agás ser un informante común contra persoas concretas, para deter as malas prácticas dos cuñadores de Birmingham".Smiles, S. (1865). Páxina 179. En 1788, estableceu a Ceca de Soho (Soho Mint) como unha sección da súa planta industrial. A ceca dispuña de oito prensas impulsadas por vapor, cada unha das cales cuñaba entre 70 e 84 moedas por minuto.

miniatura|249x249px|Ficha cuñada por Boulton en 1794 para Christopher Ibberson, con inscrición no canto para dificultar a falsificación: PAYABLE AT THE GEORGE & BLUEBOAR LONDON."1/2P (1790'S) GB D&H-339 Middlesex - Ibberson's". NGC Collectors Society (coins.www.collectors-society.com).

Boulton pasou moito tempo en Londres facendo presión para conseguir un contrato para a cuñaxe de moedas oficiais británicas, Mais en xuño de 1790 o Goberno de William Pitt pospuxo indefinidamente unha decisión sobre novas emisións.Symons, D. (2009). Páxina 93. Mentres tanto, a Soho Mint cuñou moedas para a Compañía Británica das Indias Orientais, para Serra Leoa e para Rusia, ao mesmo tempo que producía discos virxes de alta calidade, para seren cuñados posteriormente en casas de moeda nacionais doutros países. A empresa enviou máis de 20 millóns destes discos á Ceca de Filadelfia, para que a Casa da Moeda dos Estados Unidos os convertese alí en centavos e medios centavos de dólar.Symons, D. (2009). Páxina 94. Tamén se fabricaron fichas para a súa emisión privada nos Estados Unidos, sinaladamente os centavos de Talbot, Allum & Lee de 1794."Talbot, Allum & Lee Tokens". Professional Coin Grading Services (PCGS.com)."1 Cent - Talbot Allum and Lee". Numista.com

A crise financeira nacional chegou a un punto desesperado en febreiro de 1797, cando o Banco de Inglaterra deixou de trocar os seus billetes por ouro. Nun esforzo por pór máis diñeiro en circulación, o Goberno adoptou un plan para emitir grandes cantidades de moedas de cobre. Robert Banks Jenkinson convocou a Boulton a Londres o 3 de marzo de 1797, para o informar do plan do goberno, e adxudicóuselle un contrato a finais dese mes. Consonte unha proclamación real datada o 26 de xullo de 1797, o rei Xurxo III tivo..."By the King: A proclamation for giving Currency to a new Coinage of Copper Money of One Penny and Tnvo Penny Pieces". En The London Gazette. 29 de xullo de 1797. Páxina 715. A proclamación requiría que as moedas pesasen unha ou dúas onzas respectivamente, o que achegaba o seu valor intrínseco ao seu valor nominal. Co regreso de grandes cantidades de moedas de pequeno valor facial emitidas polo Goberno —cuñáronse dous peniques e peniques na Soho Mint en 1797, e medios peniques e cuartos de penique en 1799—, a necesidade das emisións de fichas comerciais privadas diminuíu.

A volta da moeda oficial En 1802 cesara xa a produción de fichas locais emitidas de xeito privado.Pye, C. (1801). Páxina 4.Hocking, W. J. (1906). Páxina 327. No entanto, nos dez anos seguintes o valor intrínseco do cobre aumentou. O regreso das fichas comerciais cuñadas de forma privada fíxose patente en 1811 e estendeuse en 1812, á medida que cada vez máis moedas de cobre emitidas polo Goberno se fundían para o comercio. A Royal Mint levou a cabo un programa masivo de recuñaxe de moedas en 1816, cuñando grandes cantidades de moedas de ouro e de prata. Para impedir unha maior emisión de fichas comerciais privadas, en 1817 aprobouse unha lei no Parlamento que prohibía a fabricación destas pezas, baixo penas moi severas. A Lei de 1831, finalmente, prohibiou aos empregadores pagar aos seus traballadores mediante fichas privadas."Truck Act (1831)". Legislation.gov.uk

Coleccionismo

Os primeiros coleccionistas miniatura|esquerda|Retrato caricaturesco de James Conder."Portrait of James Conder". The British Museum.