Guangzhou Xiaopeng Motors Technology Co., Ltd. ou é un fabricante chinés de vehículos eléctricos, aeronaves de engalaxe vertical EVTOL (Electric Vertical Take-Off and Landing) e robótica. A empresa ten a súa sede en Guangzhou, con oficinas internacionais en Beijing, Shanghai, Shenzhen, Silicon Valley e San Diego. As sucursais europeas están situadas en Múnic, Amsterdam, Oslo, Estocolmo e Copenhague.
Fundouse en 2015 por Xia Heng e He Tao, antigos altos executivos do Grupo GAC con experiencia na industria do automóbil e I+D. Os seus patrocinadores iniciais incluíron o fundador e ex-executivo de Alibaba, He Xiaopeng (agora presidente de Xpeng) e Lei Jun, fundador de Xiaomi. Os seus investidores máis notábeis inclúen a Alibaba, Foxconn e IDG Capital.
Modelos en venda Data Serie Descrición Imaxe Sedán dende 2019 XPeng P7 Sacado ao mercado para competir co Hyundai Ioniq 150px dende 2021 XPeng P5 Competidor do Tesla Model 3, con condución autónoma 150px dende 2024 XPeng Mona M03 Competidor do Tesla Model 3, con condución autónoma 150px dende 2024 XPeng P7+ Vehículo executivo 150px SUV dende 2021XPeng G9Comnpetidor do Maxus Euniq 6150px dende 2023 XPeng G6 Competidor do Tesla Model Y 150px Monovolume dende 2023 XPeng X9 Competidor do BYD Denza D9 DM-i 150px </center>
Notas
Categoría:Fabricantes de automóbiles da China