Thompson Twins foi unha banda inglesa de pop formada en 1977 en Sheffield.Roberts, David (1998). Guinness Rockopedia (1st ed.). Londres: Guinness Publishing Ltd. p. 448. ISBN 0-85112-072-5 Iniciamente tratábase dun grupo de new wave, pero movéronse cara un son pop máis mainstream e acadaron unha considerable popularidade a principios e mediados dos 80, conseguindo unha serie de éxitos no Reino Unido, nos Estados Unidos, enoutros países. En 1993 cambiaron o seu nome a Babble para reflectir o cambio da súa música do pop ao chill-out influenciado polo dub. Continuaron como Babble ata 1996, cando o grupo se separou.
O nome da banda baseouse nos dous torpes detectives Hernández e Fernández, Thomson e Thompson, na versión en inglés da serie As aventuras de Tintín.Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). Londres: Guinness World Records Limited. p. 557. ISBN 1-904994-10-5 En varias etapas a banda tivo ata sete membros, pero a súa formación máis coñecida foi como trío de 1982 a 1986. O grupo destacou nos Estados Unidos durante a Segunda Invasión Británica, e en 1985 actuou no Live Aid de Filadelfia, onde se uniron ao escenario a Madonna.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo A Product Of... (Participation) 1981 T Records Set 1982 Arista Records Quick Step & Side Kick 1983 Arista Records Into the Gap 1984 Arista Records Here's to Future Days 1985 Arista Records Close to the Bone 1987 Arista Records Big Trash 1989 Warner Bros. Records Queer 1991 Warner Bros. Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Sheffield Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1977