The Bomb Party foi unha banda de rock inglesa procedente de Leicester formada en 1984. Foron descritos como "os padriños do grebo".

Historia A banda foi formada a principios dos 80, inicialmente como Farmlife, por Andy "Jesus" Mosquera (guitarra), Peter Swaine (voces), Steve Gerrard (guitarra), Laurence Wood (saxo), James Hunt (baixo) e Mark Thompson (batería), que se coñeceran nun curso de belas artes no Leicester Polytechnic.Strong, Martin C.:"The Great Alternative & Indie Discography", 1999, Canongate, ISBN 0-86241-913-1 O grupo pasou por varios cambios na súa formación e só publicou un sinxelo con ese nome en 1982, "Susie's Party".

En 1984 Farmlife desfíxose e Mosquera, Gerrard e Thompson formaron The Bomb Party xunto coa baixista Sarah Corina. Tomaron o seu nome dunha novela de Graham Greene, estreándose en 1985 co EP Ray Gun publicado polo selo Abstract Records. O seu novo son foi descrito como "un cóctel molotov de hardcore grebo gothabilidade situado nalgún lugar entre The Cramps e Bauhaus". Os membros da banda rexeitaron a etiqueta "grebo", afirmando Mosquera "Non somos grebos e non somos moteiros nin nada desa merda. Somos experimentais. Somos experimentalistas, pero non temos que dicir que somos políticos e acreditamos á nosa audiencia a suficiente intelixencia como para que o saquen por si mesmos".Kadis, Alex (xaneiro de 1988) "Party Poopers", Underground, (número 10), p. 25

O seu álbum de estrea, Drugs, apareceu en 1986 a través de Abstract. Despois ficharon por Workers Playtime e lanzaron un segundo álbum en 1987, Liberace Rising, con Leszek Rataj na guitarra e nos teclados, precedido por un recompilatorio dos seus sinxelos con Abstract, The Last Supper. Un ano despois asinaron con Normal Records e lanzaron a súa gravación máis comercial, unha versión do tema de The Archies "Sugar Sugar" (con Voice of the Beehive nos coros), seguida en 1989 do álbum Fish. Un cuarto e derradeiro álbum, Nativity #3, apareceu a través do selo Artlos en 1990, separándose o grupo xunto despois da súa gravación. A banda tocou o seu derradeiro concerto no Powerhaus de Londres o 17 de decembro de 1989.

Tras a disolución de The Bomb Party, Thompson uniuse a membros de Gaye Bykers on Acid e The Janitors na banda G.R.O.W.T.H., que publicou o álbum For Lack Of Horses They Staddle Dogs. Mosquera volveu á carreira de belas artes, e Corina uniuse primeiro a The Mekons e despois a Striplight (con Alex Mitchell de Curve). Corina tamén gravou varios temas con Bill Carter de Screaming Blue Messiahs.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Drugs 1986 Abstract Records Liberace Rising 1987 Workers Playtime Fish 1988 Normal Records Nativity #3 1990 Artlos Recs

Notas

Categoría:Grupos musicais do condado de Leicestershire Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1984