Freeman John Dyson, nado o 15 de decembro de 1923 Crowthorne, Berkshire, Inglaterra e finado en Princeton, Nova Jersey, o 28 de febreiro de 2020, foi un físico e matemático inglés e estadounidense.

Traxectoria Traballou para o British Bomber Command durante a segunda guerra mundial. Unha vez finalizada, trasladouse a Princeton (EUA) e nacionalizouse estadounidense.

Nos anos que seguiron á guerra, Dyson demostrou a equivalencia das formulacións da electrodinámica cuántica de Richard Feynman coas desenvolvidas por Julian Schwinger e Sin-Itiro Tomonaga.

Entre 1957-1961, traballou no Proxecto Orion que pretendía o voo espacial usando a propulsión nuclear. Chegou a construírse un prototipo, pero a Declaración para o Uso Pacífico do Espazo da ONU prohibiu calquera tipo de explosión nuclear na atmosfera e máis aló, o que provocou o abandono do proxecto.

Dyson teorizou sobre a posibilidade de que unha sociedade avanzada podería rodear por completo unha estrela para maximizar a captura da enerxía que emite, mediante nubes de asteroides, o que se denominou Esfera de Dyson.

Tamén propuxo a Árbore de Dyson, unha planta deseñada xeneticamente para medrar nun cometa. O interior dos cometas (ou o da propia árbore) podería encherse cunha atmosfera respirable e así poderían adaptarse hábitats para a humanidade noutros sistemas solares.

Desde 2003 Dyson foi presidente do Space Studies Institute, a organización fundada por Gerard K. O'Neill.

Foi premiado coa Medalla Max Planck en 1969 e en 2000 co Premio Templeton para o Progreso na Relixión.

Obras Origins of Life, Cambridge University Press (1986). ISBN 978-84-8323-097-8

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Heretical thoughts about science and society, ensaio de Freeman Dyson [8.7.2007]

Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Matemáticos de Inglaterra Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Berkshire Categoría:Membros da Royal Society