Quickspace (orixinalmente Quickspace Supersport) foi unha influente banda londiniense de rock experimental e Krautrock activa entre os anos 1994 e 2005.

Historia Pouco despois da separación do grupo indie Th' Faith Healers, o guitarrista e vocalista Tom Cullinan formou a finais de 1994 Quickspace Supersport con Sean Newsham (baixo), Wendy Harper (voces/guitarra), Max Corradi (batería), e Barry Stillwell (teclados) en Londres.

O grupo lanzou o seu sinxelo de estrea, "Quickspace Happy Song #1", en marzo de 1995 a través do seu propio selo Kitty Kitty Corporation. Atoparon amigos en bandas como Sebadoh e Stereolab, coas que xiraron polo Reino Unido a finais dese ano. Un segundo sinxelo, "Found A Way", foi publicado a través de Domino en outubro de 1995, cando o son do grupo comezou a solidificarse. Tamén gravaron unha sesión para o John Peel Show na BBC Radio 1 e despois fixeron un breve parón cando tres dos membros orixinais marcharon tras desacordos sobre os selos e os cartos.Leech, Jeanette (6 de xuño de 2017). Fearless - the making of post rock. Jawbone Press. p. 283. ISBN 978-1-911036-15-9 O "Supersport" do nome foi eliminado e Cullinan reformou a banda, con Nina Pascale (voz/guitarra), Paul Shilton (teclados) e Chin (batería).

Unha versión regravada de "Friend", lanzada a principios de 1996 por Kitty Kitty, foi o primeiro sinxelo coa nova formación. O seu primeiro álbum. Quickspace, publicouse no outono dese ano e contaba cunha mestura de gravacións vellas e novas. Unha versión estadounidense apareceu en 1997 cos seus dous sinxelos máis novos.

Na primavera de 1997 publicouse unha colección dos seus primeiros sinxelos e de rarezas baixo o título de SupoSpot. Foi seguida ese memmo ano polo EP Precious Mountain. No verán de 1998 a banda lanzou os sinxelos "Hadid" e "Quickspace Happy Song #2" combinándoos no Precious Little EP. A banda tamén regravou unha versión de "Friends" en español para ser lanzada como sinxelo por Elefant Records. Chin deixou a banda durante ese ano e foi substituído por Steve Denton.

O seu segundo álbum, Precious Falling, foi editado en agosto de 1998. No 2000 a banda lanzaría o seu terceiro traballo, The Death Of Quickspace, coa aclamación da crítica, seguido polo sinxelo "Flat Moon Society" ese mesmo ano. Tom Cullinan publicou despois unha versión completa do álbum de Fleetwood Mac Rumours baixo o pseudónimo de Dougal Reed, pero ningunha música nova de Quickspace se materializaría nos seguintes tres anos.

En 2003 publicouse o sinxelo "In a Field of Nymphs" a través do selo italiano Homesleep, pero pasarían dous anos máis ata que un Quickspace completamente renovado con Cullinan, Ed Grimshaw (batería), Louis Jack-Jones (baixo) e a ex-Th' Faith Healer Roxanne Stephen (voces) publicase o seu seguinte sinxelo, "Pissed Off Boy", a través do selo Domino en 2005. Despois diso Cullinan reformou Th' Faith Healers para facer algúns concertos a principios de 2006 e toda a actividade de Quickspace cesou.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Quickspace (UK) 1996 Kitty Kitty Corporation Quickspace (US) 1997 Slash Records Precious Falling 1998 Kitty Kitty, Domino, Hidden Agenda The Death Of Quickspace 2000 Kitty Kitty, Matador

Notas

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de krautrock Categoría:Grupos musicais formados en 1994