miniatura|Ovos de Emberiza rustica no MHNT O escibidor rústico (Emberiza rustica) é unha ave paseriforme da familia Emberizidae, un grupo que asgora está separdo dos Fringillidae segundo os autores máis modernos. O nome do xénero Emberiza procede do alemán antigo Embritz, un escribidor. O nome específico rustica vén do latín, "rústico, simple".

Reprodúcese no Paleártico norte. é unha ave migratoria, que pasa o inverno no sueste asiático, Xapón, Corea, e leste da China. É unha ave vagante rara no oeste de Europa.

Reprodúcese en bosques húmidos de coníferas. Poñen de catro a seis ovos nun niño construído nun arbusto ou no chan. O seu alimento natural son as sementes e, cando son novos, insectos.

Esta ave é similar en tamaño ao escribidor das canaveiras. A súa parte ventral é branca cos flancos avermellados, patas rosas e unha mandíbula inferior rosa. O macho no verán ten cabeza negra con gorxa e supercilio brancos e unha banda pectoral avermellada.

A femia ten un dorso marrón moi manchado e face marrón con supercilio branco. Lembra a femia do escribidor das canaveiras, pero ten manchas no flanco avermelladas, unha caluga castaña e unha mandíbula rosa en vez de gris.

A súa chamada é un distintivo zit, e a canción é un melancólico delí-delú-delí.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

OBC 11 fotografías (ver menú despregable na parte inferior da páxina)

Categoría:Emberícidos Categoría:Animais descritos en 1776