Jorge Lamas Bértolo, nado en Beariz en 1970, é un arqueólogo e escritor en lingua galega.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, campus de Ourense, obtivo o grao de máxima cualificación pola súa tese de licenciatura.

É membro e máximo responsábel da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Centro de Estudos IES Manuel Chamoso Lamas, na comarca do Carballiño.

É autor de diversas publicacións relacionadas coa arqueoloxía e a prehistoria sobre a comarca do Carballiño, e de distintos artigos relacionados coa investigación arqueolóxica en xeral.

Exerce como arqueólogo profesional desde o ano 1999, dirixindo e participando en proxectos por toda Galicia. Froito desta actividade, escavou e puxo en valor xacementos de distintas etapas, estudando mámoas, castros, asentamentos romanos, fortalezas medievais e modernas etc.

Acrecenta o traballo de arqueólogo co de divulgador científico, a través de congresos e visitas guiadas sobre o patrimonio cultural.

Obra

Artigos

Notas

Categoría:Nados en Beariz Categoría:Nados en 1970 Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes