miniatura|Pedregal de Irimia. O Pedregal de Irimia é o lugar onde nace o río Miño. Está na serra de Meira, a escasos quilómetros da vila de Meira.

O lugar de nacemento é disputado por dous concellos: Meira defende o nacemento no Pedregal e Pastoriza na lagoa de Fonmiñá. Porén, e de forma especial nos últimos anos, o Pedregal de Irimia é considerada a fonte primaria do MiñoUnidade 1 do CELGA4 . Irimia. Nome tomado dun topónimo, o Pedregal de Irimia (Meira, Lugo), é de etimoloxía incerta. É un antigo glaciar que dará orixe ás primeiras augas do río Miño. Consultado o 9 de xullo de 2010. No Pedregal realizouse a primeira Romaxe de Crentes Galegos organizada pola Asociación Irimia.

Hoxe en día atópase ameazado por plantacións de eucalipto que chegan case ata o propio pedregal."Adega exige una mayor protección en el Pedregal de Irimia" El Progreso

Orixe Nace dun antigo glaciar da derradeira glaciación, entre 10.00 e 20.00 anos atrás que baixaría pola Serra de Meira. O Pedregal actual é a morena que queda como sedimento da glaciación.

Descrición O Pedregal inscríbese dentro da masa de auga subterránea de Selmo-VegadeoFicha da Reserva: La MSBT de Selmo-Vegadeo está constituida por materiales paleozoicos y rocas ígneas del Macizo Hercínico. Los materiales presentes en esta MSBT corresponden al Dominio del Manto de Mondoñedo (Zona Asturoccidental-Leonesa), consistente en un gran pliegue acostado que presenta intercalaciones de calizas y dolomías dentro de las formaciones pizarrosas del grupo de Cándana, así como niveles de calizas de entidad propia como las calizas de Vegadeo y las de Aquiana.

El acuífero calizo marmóreo de Vegadeo se define por los niveles carbonatados, dentro de las series pizarrosas de Cándana y Vegadeo, que constituyen el horizonte superior. Los paquetes de rocas metamórficas presentan un horizonte de alteración reducido, si bien, localmente, podrían encontrarse cantidades significativas de agua en niveles profundos, en relación con niveles de mayor permeabilidad (zonas de alteración y/o zonas fracturadas). O Pedregal ten unha forma a xeito de funil, cunha lonxitude total duns 700 metros de longo. En puntos de ese río de pedra pode escoitarse correr a auga que se fai visible na final do pedregalFicha da reserva. É un cachal formado por unha mestura de pedra calcaria que sufriu un leve metamorfismo xunto con lousa. Deste xeito combínanse a pedra calcaria máis permeable coa lousa, impermeable. Esta configuración permite a escorrentía e acumulación das augas subterráneas que baixan da Serra de Meira.

Na zona hai abondosos nacentes de auga, procedentes da Serra de Meira, o máis senlleiro deles atópase no "bico do funil", que é o nacente do Miño.

Catalogación, nivel de protección e ameazas Está catalogado como Reserva Natural Subterránea.Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico A reserva ocupa unha superficie de 139,77 hectáreas que abrangue o pedregal visible e zonas lindantes.Ficha da reserva no Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico

Esta catalogación solápase coas seguintes zonas protexidas: Reserva da biosfera Terras do Miño, designada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002, abrangue 363.668,9 hectáreas na provincia de Lugo. Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón, designada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002, abrangue 159.293 ha de Galicia-Principado de Asturias. Zonas protexidas (ES010MSBT011-025/1102200413) destinadas á produción de auga de consumo humano (augas potables) correspondentes aos plans hidrolóxicos da conca de terceiro ciclo de planificación 2022-2027.

As ameazas ás que se enfronta o pedregal veñen dunha parte do parque eólico da Serra de Meira.Datos técnicos do parque

Pero máis preocupante son as plantacións de eucalipto, ás dúas beiras do pedregal e que chegan case ata as propias pedras e que, polo tanto, están plantados sobre os terreos da propia Reserva Natural Subterránea.

Nacente do Miño miniatura|dereita|Primeiras augas do Río Miño no Pedregal de Irimia.

Durante moitos anos considerouse Fomiñá como a fonte do río Miño. Hoxe en día tense como fonte do Miño este pedregal.

É certo que a lagoa é a primeira achega considerable de auga. O Miño nace no pedregal como un regato e non é ata Fomiñá que colle feitío de río.

A causa de que se considere a fonte orixinal do Miño reside en que constitúe o olleiro de auga subterránea máis alta (700-750 m s.n.m.) que alimenta o ríoMinisterio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, mentres que a lagoa de Fomiñá está a só 600 metrosLa laguna de Lugo a 600 metros de altitud en la que se estanca el río Miño (pero no nace)

Na cultura popular Hai varias lendas arredor do pedregal.

Unha fala de que esta era terra dunha meiga chamada Irimia, que tiña aquí o seu gando. Cando os monxes de Meira tentaban cobrarlle os décimos, ela negábase sempre. O enfrontamento foi medrando ata que os monxes tomaron as súas terras pola forza, ela, na súa defensa, berrou entón: "nunca poderedes probar a primeira auga deste río porque é miño" e usou un esconxuro para encher de penas o regato que por alí corría e así impedir que os monxes puideran usalo para abeberar o seu propio gando. É claro que estamos ante un relato etiolóxico que busca explicar a orixe do topónimo tanto do pedregal como do río.

Hai polo menos outras dúas máis breves. Nunha as penas son almas condenadas que buscan redención nas augas limpas que corren entre elas. Noutra máis, a nai do demo, perseguida por un monxe de Meira, guinda coas pedras que levaba na aba do mandil para fuxir máis rápidoNa web da Confederación Miño-Sil.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Irimia (nome)

Categoría:Meira Categoría:Río Miño