Burrhus Frederic Skinner, nado en Susquehanna (Pensilvania) o 20 de marzo de 1904 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 18 de agosto de 1990, foi un psicólogo, pensador e polemista estadounidense, fundador do condutalismo ou behaviorismo radical. A súa obra mostra unha forte impregnación dos traballos de Ivan Pavlov e do primeiro behaviorista John Watson. Foi elixido polos seus pares como un dos psicólogos máis importantes do século XX, e tamén como un dos científicos máis influentes de todos os tempos.

Traxectoria Graduado primeiramente en lingua e en literatura inglesa, posteriormente obtivo un doutoramento de psicoloxía en Harvard. Ensinou psicoloxía na universidade de Minnesota e logo na de Harvard. No 1938, despois de publicar dous traballos sobre dous tipos de condicionamento, dou a luz o artigo "The behaviour of organisms" (A conduta dos organismos) que é considerada a súa principal contribución á elaboración da teoría do condutalismo / behaviorismo.

Achegas A maior contribución teórica en psicoloxía é o concepto de condicionamento operante, que diferenciou do condicionamento clásico pavloviano, ou resposta, ou clásico. Desde esta perspectiva, os comportamentos son seleccionados polas súas consecuencias sobre o contorno. Unha clase de comportamento constitúe un operante se a probabilidade de aparición desas respostas é modulábel pola manipulación de variábeis de reforzo. Por exemplo, dirase que unha acción es condicionada de maneira operante cando a súa frecuencia acrecenta no comportamento dun organismo, de feito, consecuencias positivas para o organismo. No condicionamento clásico un estímulo entraña unha resposta; no condicionamento operante, refórzase unha resposta pola manipulación de continxencias. Esta noción permite integrar a espontaneidade do organismo no seo dun cadro explicativo mecanicista.

Skinner estaba convencido de que era posíbel aplicar as súas teorías para construír unha sociedade mellor. Para difundir esta idea escribiu a novela Walden 2, na que describía unha comunidade utópica que acadaba un elevado nivel de desenvolvemento social e persoal mercé a aplicación dos principios do condicionamento operante.

Obras The Behavior of Organisms: An Experimental Analysis, 1938. Walden Two, 1948. Science and Human Behavior, 1953. Schedules of Reinforcement, con C. B. Ferster, 1957. Verbal Behavior, 1957. The Analysis of Behavior: A Program for Self Instruction, con James G. Holland, 1961. The Technology of Teaching, 1968. Contingencies of Reinforcement: A Theoretical Analysis, 1969. Beyond Freedom and Dignity, 1971. About Behaviorism, 1974. Particulars of My Life: Part One of an Autobiography, 1976. Reflections on Behaviorism and Society, 1978. The Shaping of a Behaviorist: Part Two of an Autobiography, 1979. Notebooks, edited by Robert Epstein, 1980. Skinner for the Classroom, editado por R. Epstein, 1982. Enjoy Old Age: A Program of Self-Management, con M. E. Vaughan, 1983. A Matter of Consequences: Part Three of an Autobiography, 1983. Upon Further Reflection, 1987. Recent Issues in the Analysis of Behavior, 1989. Cumulative Record: A Selection of Papers, 1959, 1961, 1972 e en 1999 como Cumulative Record: Definitive Edition. Este libro inclúe a reimpresión dun artigo de Skinner publicado en outubro de 1945 no "Ladies' Home Journal", "Baby in a Box," no que explica os malentendidos sobre se someteu a súa filla nun experimento dentro dunha das denominadas caixas de Skinner.

Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Filósofos dos Estados Unidos de América Categoría:Pedagogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1904 Categoría:Nados no condado de Susquehanna, Pensilvania Categoría:Finados en 1990 Categoría:Finados por leucemia Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América