A lingua yidiny (tamén soletreado yidiɲ, yidiñ, jidinj, jidinʲ, yidinʸ, yidiń) é unha lingua aborixe australiana, falada polo pobo yidinji do nordeste de Queensland. A área tradicional no que se falou a lingua inclúe as áreas de goberno locais de Cairns e Tablelands, así como en localidades como Cairns, Gordonvale, e o Mulgrave, e a parte do sur do Atherton Tableland incluíndo Atherton e Kairi. Segundo o censo de 2021 tiña 52 falantes.

Clasificación O yidiny forma unha rama separada das linguas pama-nyunganas. Ás veces agrúpase co djabugay como yidinyic, pero Bowern (2011) conserva o djabugay no seu lugar tradicional dentro das linguas pama.Bowern, Claire. 2011. "How Many Languages Were Spoken in Australia?", Anggarrgoon: Australian languages on the web, 23 de decembro de 2011 (corrected 6 de febreiro de 2012)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Linguas aborixes de Australia Lista de linguas aborixes de Australia Bibliografía

Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas pama-nyunganas Categoría:Linguas de Australia