Happy Feet é un filme estadounidense-australiano de 2006 dirixido e producido por George Miller e escrito por Miller, John Collee, Judy Morris e Warren Coleman. Está protagonizado polas voces de Elijah Wood, Robin Williams, Brittany Murphy, Hugh Jackman, Nicole Kidman, Hugo Weaving, Anthony LaPaglia, Magda Szubanski e Steve Irwin. Foi producido pola empresa de Sydney Animal Logic para Warner Bros. Pictures, Village Roadshow Pictures e Kingdom Feature Productions. É o primeiro filme animado creado por Kennedy Miller e Animal Logic. Ambientado na Antártida, o filme conta a historia de Mumble (Wood), un pingüín emperador que é quen de bailar claqué de forma brillante malia non ter a capacidade de cantar unha canción do corazón para atraer unha alma xemelga. Despois de ser continuamente ridiculizado e rexeitado polos seus compañeiros e o seu propio pai (Jackman), Mumble parte nunha viaxe para aprender o que está a provocar o declive da poboación de peixes locais e atoparse a si mesmo no camiño.

Happy Feet estreouse nos cinemas dos Estados Unidos de América o 17 de novembro de 2006, e nos cinemas de Australia o 26 de decembro de 2006. Estreouse de xeito simultáneo en formato convencional e IMAX 2D. Estreouse en liña dobrado ao galego na plataforma dixital do Xabarín Club.

Personaxes

Elijah Wood como Mumble E. G. Daily como Mumble bebé Robin Williams como Ramón, Cletus, Lovelace e o narrador Brittany Murphy como Gloria Alyssa Shafer como Gloria bebé Hugh Jackman como Memphis Nicole Kidman como Norma Jean Hugo Weaving como Noah the Elder Fat Joe como Seymour Cesar Flores como Seymour bebé Anthony LaPaglia como Skua Boss Magda Szubanski como Miss Viola Miriam Margolyes como Mrs. Astrakhan Steve Irwin como Trev Carlos Alazraqui como Nestor Lombardo Boyar como Raul Jeffrey Garcia como Rinaldo Johnny Sanchez como Lombardo Richard Carter como Barry Roger Rose como Leopard Seal Lee Perry como Elder e pinguín de zoo Dee Bradley Baker como Maurice Chrissie Hynde como Michelle

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dirixidos por George Miller Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Óscar ó mellor filme de animación Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego