O termo illamento pode referirse a:

Psicoloxía

Illamento social no que un individuo ten pouca ou ningunha interacción cos demais. O illamento como mecanismo de defensa.

Construción

O illamento acústico que permite a insonorización das estancias. O illamento eléctrico no que se impide o paso da corrente eléctrica. O illamento térmico que se opón ao paso da calor por condución.

Reprodución

O Illamento reprodutivo natural no que a separación de dúas poboacións da mesma especie leva á especiación.

Xenética

O illamento en xenética refírese ao uso de secuencias de ADN chamadas illadores para bloquear a interacción entre amplificadores e promotores, asegurando a regulación independente dos xenes.

Informática

O illamento de procesos proporciona un ambiente de proba controlado e seguro para executar aplicacións e procesos (exemplo de virtualización específica).

Lingüística

Lingua illada, lingua cuxa relación non está relacionada con outras. A normativa oficial do galego é chamada ás veces isolacionista en contraposición ao reintegracionismo.

Política

Illamento económico, xeralmente chamado autarquía. Illamento internacional no que un Estado permanece ou se mantén fóra da relacións internacionais. Aplicado aos Estados Unidos, adoita chamarse isolacionismo. Aplicado ao Reino Unido na época vitoriana, chamábase Splendid Isolation . Illamento político, que se realiza sobre un partido ou movemento político considerado politicamente inaceptable, considerándoo un extremismo lesivo para o sistema político, ou brazo político ou apoio a un grupo terrorista.

En medicina e saúde pública

Illamento (saúde), unha medida que se pode adoptar para implementar o control das infeccións, tanto de individuos (como nos cuartos de illamento dos hospitais), como de poboacións (como en pandemias como a da Covid-19 e outras).

En química

O illamento úsase como sinónimo de refinamento, refinaría ou separación dun composto dunha mestura. Na refinaría do petróleo, o illamento refírese aos procesos que se empregan para separar hidrocarburos presentes no cru para obter gasolina, diésel, queroseno e outros derivados.

Véxase tamén

Illa Illote

Categoría:Homónimos