O camón de Allen (Porphyrio alleni) é unha pequena ave acuática da familia dos rálidos.
Taxonomía
O seu anterior nome binomial era Porphyrula alleni. Porphyrio procede da palabra latina que significa 'galiñola', e alleni, significa 'de Allen', en memoria do contraalmirante naval británico William Allen (1792–1864).
Distribución e hábitat
O seu hábitat reprodutor son as marismas, pantanos e lagos da África subsahariana. Aínda que é unha ave sen grandes habilidades voadoras, chega como vagante a Europa e está incluída na lista das aves ibéricas.
Descrición
miniatura|Exemplares maduro (esquerda) e inmaturo (dereita) no Parque Nacional de Chobe, Botsuana. Son de tamaño similar ao da zurrasca eurasiática, que só é lixeiramente maior. O camón de Allen ten un curto bico vermello, dorso verdoso e partes ventrais púrpuras. Ten patas vermellas con longas dedas, e unha curta cola que é branca cunha barra central escura por debaixo. Os machos reprodutores teñen un escudo frontal azul, que é verde nas femias. Os camóns de Allen inmaturos son de cor marrón area cunha cola beixe. Os poliños cubertos de penuxe son negros, como en todos os rálidos. Moven a cabeza arriba e abaixo cando nadan.
Reprodución O camón de Allen é moi discreto na estación reprodutora, especialmente nos pantanos densos que prefire, e é máis fácil oílos que velos. Son aves bastante ruidosas, producen unha chamada nasal nítida que soa como pruk. Esta especie é parcialmente migratoria, e realiza desprazamentos estacionais. Pode albiscarse máis doadamente cando está migrando ou pasando o inverno. Constrúen un niño flotante nas marismas e pantanos no que poñen de 2 a 5 ovos.
Dieta Estas aves sondan co seu bico a lama en augas pouco fondas, e tamén capturan alimentos pola vista. Principalmente comen insectos e animais acuáticos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas (Allen's gallinule = ) lesser gallinule - Texto sobre esta especie en The Atlas of Southern African Birds
Categoría:Rálidos Categoría:Animais descritos en 1842