Deftones é unha banda estadounidense de nu metal procedente de Sacramento (California), fundada en 1988. Está considerada coma unha das bandas máis innovadoras de finais do século XX.

Historia O grupo formouse en Sacramento en 1988 cando os estudantes de secundaria Stephen Carpenter, Abe Cunningham e Chino Moreno empezaron a tocar xuntos. Pronto puideron investir moito diñeiro no grupo xa que Stephen foi atropelado por un condutor bébedo, o que lle proporcionou unha boa suma de cartos. Entón empezaron a ensaiar en pequenos locais e buscaron un baixista. Logo de probar cuns cantos, atoparon a Chi Cheng. Aínda que o grupo ao principio se baseaba moito no heavy metal, a principios dos 90 levaron o seu son un pouco máis lonxe, inspirados en bandas como Duran Duran, Depeche Mode, Bad Brains etc.

Unha demo de 4 cancións chamada (Like) Linus, é o único que tiñan antes de asinar coa discográfica de Madonna, Maverick Records. Co produtor Terry Date, que xa traballara con bandas do talle de Pantera ou Soundgarden, gravaron o debut do cuarteto, Adrenaline, que saíu á venda en outubro de 1995. O disco non foi un éxito inmediato así que a banda fíxose unha base de fans tocando en pequenos locais ou como abreconcertos de grupos como Ozzy Osbourne, L7 ou Korn.

Cando as vendas de Adrenaline estaban chegando ás 200.000 copias os fans xa esperaban o seu segundo disco, Around The Fur, que saíu á venda en outubro de 1997, e que (esta vez si) os catapultou á fama cos sinxelos "My Own Summer (Shove It)" e "Be Quiet And Drive (Far Away)", ademais a lista de membros do grupo aumentou a 5 coa incorporación do dj Frank Delgado. En xuño de 2000 sae o seu terceiro álbum de estudio, White Pony, que volveu ser un éxito e demostrou que o quinteto non dubidaba á hora de experimentar co seu son.

En 2003 sae o seu cuarto disco, Deftones, no que seguiron experimentando, pero quizais non tanto como en White Pony, máis tarde víase unha separación por parte da banda cando alternaban cos seus proxectos paralelos, xa que a influencia que exercían nos integrantes de Deftones non lograban axustarse para unha nova produción.

En outubro de 2005 aparece nas tendas o quinto disco titulado B-Sides & Rarities, un disco recompilatorio que inclúe cancións raras e versións de grupos como Sade, Cocteau Twins ou The Cure, e un DVD con tódolos vídeos do grupo. Dito disco reflectía fisicamente a separación temporal da banda.

O 31 de outubro de 2006 a banda lanzou Saturday Night Wrist que debutou no posto 10 das lista de éxitos Billboard, alcanzando vendas de 76.000 discos, unha diminución significativa respecto os seus dous álbums previos. O 4 de maio de 2010 saíu ao mercado Diamond Eyes.

O 13 de abril de 2013 falecía Chi Cheng, baixista da banda, tras pasar máis de catro anos en coma despois de sufrir un accidente de tráfico en novembro do ano 2008.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Adrenaline 1995 Maverick Records, Warner Bros. Records Around the Fur 1997 Maverick Records, Warner Bros. Records White Pony 2000 Maverick Records Deftones 2003 Maverick Records Saturday Night Wrist 2006 Maverick Records Diamond Eyes 2010 Reprise Records, Warner Bros. Records Koi No Yokan 2012 Reprise Records, Warner Bros. Records Gore 2016 Reprise Records, Warner Bros. Records Ohms 2020 Reprise Records, Warner Bros. RecordsPrivate Music2025Reprise Records, Warner Bros. Records

Sinxelos AnoTemaÁlbum1995"7 Words"Adrenaline1996"Bored"Adrenaline1997"My Own Summer (Shove It)"Around the Fur1998"Be Quiet and Drive (Far Away)"Around the Fur2000"Change (In The House Of Flies)"White Pony2000"Back To School"White Pony2001"Digital Bath"White Pony2001"Street Carp"White Pony2003"Minerva"Deftones2003"Hexagram"Deftones2006"Hole in the Earth"Saturday Night Wrist

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web Oficial

Categoría:Grupos musicais de metal alternativo Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais de Sacramento Categoría:Grupos musicais formados en 1988