Jack Patrick Dorsey, nado o 19 de novembro de 1976 é un desenvolvedor de software e empresario estadounidense, coñecido como o creador do servizo de redes sociais de microblogueo orixinalmente coñecido como Twitter e o seu director executivo de 2015 até 2021. Tamén é o fundador e CEO de Square, unha empresa de pagos móbiles e o fundador de Bluesky, outro sitio de microblogueo similar a Twitter. En 2008, foi nomeado como un dos 35 mellores innovadores do mundo con menos de 35 anos.

En decembro de 2024, Forbes estimou o seu patrimonio neto en 5.600 millóns de dólares.

Traxectoria

Familia e primeiros anos Dorsey naceu como Jack Patrick Dorsey en St. Louis, Missouri, fillo de Tim e Marcia (de solteira Smith) Dorsey. É de orixe inglesa, irlandesa e italiana. O seu pai traballaba nunha empresa que desenvolveu espectrómetros de masas e a súa nai era ama de casa.

Foi criado como católico e o seu tío é un sacerdote católico en Cincinnati. Asistiu á escola secundaria Catholic Bishop DuBourg. Na súa mocidade, Dorsey traballou ocasionalmente como modelo.

Formación Aos catorce anos, Dorsey interesouse polo enrutamento do envío (dispatch routing). Algúns dos programas de código aberto que creou na área da loxística aínda son utilizados por empresas de taxis. Dorsey asistiu á Universidade de Missouri–Rolla durante entre 1995 e 1997 antes de transferirse á Universidade de Nova York, pero abandonou os estudos en 1999, un semestre antes de graduarse. Ocorréuselle a idea da rede social de microblogueo que desenvolveu como Twitter mentres estudaba na NYU.

Carreira profesional Mentres traballaba no despacho como programador, Dorsey trasladouse a California. En 2000, Dorsey iniciou a súa empresa en Oakland para enviar correos, taxis e servizos de emerxencia desde a web. Os seus outros proxectos e ideas neste momento incluían redes de dispositivos médicos e un "mercado de servizos sen friccións". En xullo de 2000, baseándose no despacho (dispatching) e inspirado en parte por LiveJournal e por AOL Instant Messenger, tivo a idea dun servizo de comunicación de estado/mensaxes curtas baseado na web en tempo real. Cando viu por primeira vez implementacións de mensaxería instantánea, Dorsey preguntouse se a saída do estado do usuario do software podería compartirse facilmente entre amigos. Achegouse a Odeo, que naquel momento estaba interesado polas mensaxes de texto. Dorsey e Biz Stone decidiron que o texto SMS se adaptaba á idea da mensaxe de estado e construíron un prototipo de Twitter nunhas dúas semanas. A idea atraeu a moitos usuarios de Odeo e o investimento de Evan Williams, cofundador desa firma en 2005 que deixara Google despois de vender Pyra Labs e Blogger.

En 2013 foi nomeado membro independente do consello de administración de The Walt Disney Company.

Cando viu por primeira vez implementacións de mensaxería instantánea, Dorsey preguntouse se a saída do estado do usuario do software podería compartirse facilmente entre amigos. Achegouse a Odeo, que naquel momento estaba interesado polas mensaxes de texto. Dorsey e Biz Stone decidiron que o texto SMS se adaptaba á idea da mensaxe de estado e construíron un prototipo de Twitter nunhas dúas semanas. A idea atraeu a moitos usuarios de Odeo e o investimento de Evan Williams, cofundador desa firma en 2005 que deixara Google despois de vender Pyra Labs e Blogger.

En 2013 foi nomeado membro independente do consello de administración de The Walt Disney Company.

Dorsey cofundou Bluesky en 2019 como un proxecto dentro de Twitter, mentres aínda era o CEO da empresa, concibido como unha plataforma descentralizada que permitiría aos usuarios maior control sobre como se comparten e moderan os seus contidos. En 2021 deixou o seu cargo en Twitter, antes de que Elon Musk fixese a súa oferta para comprar a compañía en 2022, por consideracións internas sobre a dirección e futuro de Twitter​. Dorsey afirmou que Twitter era o máis parecido que había no mundo a unha "consciencia global", e nun principio, achou que a compra por parte de Musk podería liberar a empresa dos ditados de Wall Street.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

 Max, D. T. (21 de outubro de 2013). «Two-hit wonder». 'Profiles'. The New Yorker, vol. 89, nº 33, pp. 48–59.

Outros artigos

Bitcoin Blockchain Bluesky Criptomoeda Intelixencia artificial Microblogging Redes sociais The Walt Disney Company Twitter Silicon Valley

Ligazóns externas Jack Dorsey Corporate Bio at the Wayback Machine (en inglés, arquivado)

Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Nados en 1976 Categoría:Informática Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América