A Boston Pops Orchestra (abreviada como Boston Pops) é unha orquestra sinfónica con sede en Boston, Massachusetts, que interpreta principalmente música clásica e música popular lixeira. Foi fundada en 1885 como filial da Boston Symphony Orchestra, que tiña catro anos máis. Aínda hoxe, a maioría dos músicos dos Boston Pops tamén son membros da Boston Symphony Orchestra. A orquestra leva o seu nome actual desde 1900.

Historia O 11 de xullo de 1885, a Boston Pops, dirixida por Adolf Neuendorff, deron o seu primeiro concerto no "Boston Music Hall".

Despois de que os directores da Boston Pops cambiaran con frecuencia nas primeiras décadas, Arthur Fiedler asumiu a dirección da orquestra en 1930, cargo que ocuparía durante case 50 anos até o seu pasamento. En 1965, a Boston Pops gravou a banda sonora de Ship of Fools composta por Ernest Gold. En colaboración con RCA e Polydor, venderon preto de 50 millóns de discos. Unhas 400.000 persoas asistiron a un concerto en Boston o 4 de xullo de 1976 para conmemorar o 200 aniversario da Declaración de Independencia dos Estados Unidos.Allen Hughes: Arthur Fiedler, 84, Conductor Of Boston Pops 50 Years, Dies. New York Times, 11 de xullo de 1979.

Arthur Fiedler foi sucedido polo múltiple gañador dos Oscar John Williams en 1980. Tamén gravaron numerosos CDs baixo a dirección de Williams. Despois da súa xubilación a finais de 1993, Williams foi nomeado director honorario.

En 1993, Keith Lockhart asumiu a dirección dos Boston Pops. Baixo o seu liderado, a Boston Pops realizou 1.800 concertos, a maioría en Boston, pero tamén en 35 Estados dos EUA, así como no Xapón e Corea do Sur. Tamén actuaron en grandes eventos deportivos, incluíndo a Super Bowl XXXVI en 2002, as finais da NBA en 2008 e varios eventos dos Boston Red Sox. Tamén gravaron oito álbums, dous deles nomeados aos Grammy.

Notas

Véxase tamén

Banda sonora orixinal Música clásica Música dos Estados unidos de América

Categoría:Boston Categoría:Orquestras Categoría:Orquestras sinfónicas Categoría:Música dos Estados Unidos de América