Aitor Córdoba Querejeta, nado en Bilbao o 21 de maio de 1995) é un futbolista vasco que xoga como defensa central no Burgos, da Segunda División.
Traxectoria Formado na canteira da SD Leioa, debutou co primeiro equipo na Terceira División na tempada 2012/13, e na campaña seguinte logrou o ascenso a Segunda División B. A partir de 2014 consolidouse como titular no Leioa e converteuse no capitán do equipo. Militou no club ata xuño de 2019, cando fichou polo Burgos.
Titular habitual na súa primeira tempada, xogou principalmente como suplente na segunda, na que o seu equipo regresou a Segunda División despois de 19 anos de ausencia. Debutou na categoría o 15 de agosto de 2021, ante o Sporting de Gijón.
Vida persoal Os seus tres irmáns menores son futbolistas: Íñigo e Asier, ambos extremos, saíron da canteira do Athletic de Bilbao, mentres que a súa irmá Ainhoa xogou no Leioa.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores do Burgos CF