No Title as of 13 February 2024 28,340 Dead (estilizado con todo en maiúsculas e entre comiñas) é o oitavo álbum de estudio da banda canadense de post-rock Godspeed You! Black Emperor, publicado o 4 de outubro de 2024 a través do selo Constellation Records. Segue ao seu lanzamento de 2021 G_d's Pee at State's End! e foi precedido polo sinxelo "Grey Rubble - Green Shoots", editado o día do anuncio do disco o 27 de agosto de 2024.

O título fai referencia ao número de palestinos mortos por ataques de Israel entre o 7 de outubro de 2023 e o 13 de febreiro de 2024 durante a guerra de Gaza, segundo os datos do Ministerio de Sanidade de Gaza. Nun comunicado anunciando o álbum, a banda proclamou: "No Title= Que xestos tenen sentido mentres pequeños corpos caen? Que contexto? Que melodía rota? E despois un reconto e unha data para marcar un punto na liña, o proceso negativo, a morea crecente".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Godspeed You! Black Emperor Categoría:Álbums musicais de 2024