En matemáticas e lóxica, un corolario é un teorema de menor importancia que se pode deducir facilmente dunha afirmación anterior máis importante. Un corolario podería ser, por exemplo, unha proposición que se proba de xeito incidental mentres se proba outra proposición.

Visión xeral En matemáticas, un corolario é un teorema conectado por unha breve demostración a un teorema existente. O uso do termo corolario, máis que proposición ou teorema, é intrinsecamente subxectivo. Máis formalmente, a proposición B é un corolario da proposición A, se B se pode deducir facilmente de A ou é evidente a partir da súa demostración.

Un corolario pode ter unha proba que explique a súa dedución, aínda que tal dedución poida considerarse bastante evidente nalgunhas ocasións (por exemplo, o teorema de Pitágoras como corolario da lei dos cosenos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lema.

Ligazóns externas Cut the knot: Sample corollaries of the Pythagorean theorem Geeks for geeks: Corollaries of binomial theorem

Categoría:Teoremas Categoría:Lóxica matemática