La Base é un programa de televisión de análise e actualidade política e contrainformación. Emítese en Canal RED de luns a xoves, cunha duración aproximada de 50 minutos. Cada día fai un repaso dun tema concreto a ser analizado con datos e a través da lectura que fixeron os principais medios de comunicación. Tamén ten importancia unha mirada xeopolítica para entender como se despraza o taboleiro internacional.

Liderado por Pablo Iglesias, que xa dirixira outros proxectos televisivos (como Fort Apache, La tuerka e Otra vuelta de tuerka), o programa naceu en 2021 na canle de Youtube do xornal Público e en plataformas de podcast. En Público producíronse as dúas primeiras tempadas do programa (até decembro de 2022). Dende 2023 emítese en Canal RED, comezando dende a tempada 3. O programa analiza a actualidade dende a visión da esquerda política.

Presentadores O programa preséntano polo xeral:

Pablo Iglesias Turrión, politicólogo, exdirixente e cofundador de Podemos. Sara Serrano, matemática e experta en datos. Substituída por Irene Zugasti. Manu Levín, filólogo e antigo secretario de discurso en Podemos. Inna Afinogenova, xornalista especializada en América Latina.

Audiencia Dende que comezou en 2022, La Base conseguiu unha aceptación da audiencia das diferentes plataformas de podcast. No seu primeiro mes, acadou as 600.000 reproducións entre Spotify e Ivoox e 2,8 millóns de visitas en YouTube, mentres que en abril de 2022 entrou a formar parte do 'top 10' dos podcast favoritos de Spotify España.

Recoñecementos e premios La Base foi finalista dos Premios Ivoox 2023 dentro da categoría Actualidade e Sociedade.

Notas

Categoría:Programas de televisión de España