Augusto Comas Arqués, nado en Madrid o 2 de febreiro de 1834 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1900, foi un avogado e político español, de orixe catalá.
Traxectoria
Os seus pais eran orixinarios de Pineda de Mar e Tarragona. En 1856 licenciouse en Filosofía e Xurisprudencia na Universidade Central. En 1861 doutorouse en Administración e en 1862 en Dereito. Ese mesmo ano foi nomeado profesor da Universidade de Valencia e posteriormente tamén da Universidade Central da que despois foi nomeado decano.
Exerceu como avogado na administración. Foi elixido deputado polo distrito da Cañiza nas eleccións de agosto de 1872 e a partir de 1881 foi senador pola Universidade de Valencia e posteriormente senador vitalicio, cargo que ocupou ata 1900.
Vida persoal
O seu fillo Augusto Comas Blanco foi pintor e tamén deputado.
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1900