Jesús Nieves Sánchez, coñecido como Xastriño, nado no Saviñao cara a 1913, foi un xastre e político galego.
Traxectoria Fillo de Antonio Nieves Méndez e Emilia Sánchez Curto. Xastre en Escairón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 729/36 o 28 de decembro xunto con Manuel Pérez Fernández e os irmáns Bernardo, Francisco e Antonio Sánchez Quiroga,La Voz de la Verdad, 29-12-1936, p. 3.El Pueblo Gallego, 29-12-1936, p. 6. foi condenado a cadea perpetua o 19 de xaneiro de 1937. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, onde ingresou o 20 de marzo de 1937. Volveu ser detido o 18 de abril de 1947, sendo posto en liberdade o 12 de maio. Volveu ser detido o 14 de setembro de 1948 e saíu en liberdade o 25 de outubro de 1949. Foi xastre-xefe de Alta Sastrería Walker de Ourense nos anos sesenta.La Región, 7-3-1965, p. 5.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en ano descoñecido