A Nación Cherokee (en ; Tsalagihi Ayeli, ou ; Tsalagiyehli) é a meirande das tres tribos federalmente recoñecidas do pobo cherokee. Entre os membros da Nación Cherokee están os descendentes da Vella Nación Cherokee que marcharon, debido á crecente presión, do sueste ao Territorio Indio, e mais os cherokee que se viron obrigados a marchar no sendeiro das bágoas. A tribo tamén inclúe descendentes dos libertos cherokee e do pobo natchez. En 2024, máis de 466.000 persoas estaban inscritas na Nación Cherokee.
A súa sede e capital atópase en Tahlequah, Oklahoma, e os límites da reserva abranguen 14 condados do recuncho nordeste do estado de Oklahoma. Estes condados son Adair, Cherokee, Craig, Delaware, Mayes, McIntosh, Muskogee, Nowata, Ottawa, Rogers, Sequoyah, Tulsa, Wagoner e Washington.
Demografía Segundo o censo de 2018, 360.589 persoas estaban inscritas na Nación Cherokee como cidadáns. Os cidadáns viven en todos os estados, e segundo datos de 2018, 240.417 viven en Oklahoma, 22.124 en California, 18.406 en Texas, 12.734 en Arkansas, 11.014 en Kansas e menos de 10.000 nos outros estados. En 2021, o número de membros da tribo alcanzou os 400.000, o que converteu a Nación Cherokee na segunda tribo máis poboada, só por detrás da Nación Navagho. Uns 140.000 cidadáns viven na zona da reserva da Nación Cherokee. En 2023, o número de membros da nación alcanzou os 450.000. En 2024, a nación publicou mapas demográficos actualizados que mostran que a poboación total da nación nos Estados Unidos era de aproximadamente 466.118 persoas.
Medios de comunicación A Nación Cherokee publica o Cherokee Phoenix, no presente un xornal de periodicidade mensual. O xornal funcionou case de forma continua dende 1828, publicando edicións tanto en inglés como en lingua cherokee escrita en silabario cherokee (tamén coñecido como silabario Sequoyah). Ten un significado histórico tanto como o primeiro xornal publicado polos nativos americanos nos Estados Unidos como o primeiro en ser publicado nunha lingua nativa americana.Angela F. Pulley, Cherokee Phoenix, New Georgia Encyclopedia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Escola de Inmersión Cherokee
Categoría:Nación Cherokee