Fabiola Sotelo Sotelo, nada no Castro de Caldelas o 26 de novembro de 1962, é unha editora e política galega.

Traxectoria Sobriña de Olegario Sotelo Blanco. Dende 1988 traballou en Sotelo Blanco Edicións, sendo nomeada directora en 1994. En 2000 foi a primeira muller en presidir a Asociación Galega de Editoras,La Voz de Galicia, 18-3-2000, p. 66. permanecendo no cargo ata 2006 cando foi substituída por Alfonso García Sanmartín. En 2003 creou o seu propio sello editorial, Alias Editores. Foi directora da Fundación Iniciativas 21. En setembro de 2005 foi nomeada directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.La Xunta nombra a Fabiola Sotelo directora de Cooperación Exterior, y a Benigno Sánchez, de la CRTVG Cesou no posto en abril de 2009.Consello da Xunta, 23-4-2009. Despois foi asesora cultural da Deputación da Coruña.La Voz de Galicia, 29-6-2009, p. 4. En 2010 foi directora xeral de Administración da Organización dos Estados Iberoamericanos (OEI), e dende 2018 asesora do secretario xeral da OEI.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Editores de Galicia

Categoría:Políticos de Galicia

Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Nados en 1962