Abertzaleen Batasuna (Unión dos Nacionalistas en éuscaro) (A.B.) é un partido político do País Vasco francés.
É o partido nacionalista vasco máis forte en Iparralde recibindo arredor do 10% dos votos neste territorio. O seu obxectivo prioritario é a creación dun departamento do Pays Basque de forma separada ó dos Pireneos Atlánticos. Ideoloxicamente, como outros partidos nacionalistas vascos, ten unha ideoloxía esquerdista.
En 2001, membros de AB que desexaban un vínculo máis forte cos vascos do sur abandonaron o partido e formaron a rama vascofrancesa de Batasuna, un partido diferente pero de similar ideoloxía, activo no País Vasco francés e ilegal pero forte no País Vasco español.
AB non xustifica a violencia de ETA, pedindo unha tregua e posterior negociación. ETA ten criticadoEl Mundo: ETA arremete contra los escindidos de EH , 4 de abril de 2002. a AB por esta falta de apoio daqueles a quen vían como unha organización afín.
O xornal máis relacionado con AB é Enbata.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog oficial de Abertzaleen Batasuna Os partidos nacionalistas no País Vasco francés (en inglés) Entrada de Abertzaleen Batasuna na Enciclopedia Xeral Ilustrada do País Vasco "Auñamendi" Pasado e presente do nacionalismo en Iparralde, de Igor Ahedo Gurrutxaga.
Categoría:Partidos políticos de Iparralde Categoría:Nacionalismo vasco Categoría:Independentismo en Francia