Baudouin de Jonghe d'Ardoye, nado en Bruxelas o 18 de xuño de 1842Victor Tourneur dá esta data de nacemento nos seus traballos de (1925), páxina 141, e de (1964), páxina 313. Páxina 313). Pola contra, outras fontes propoñen 1849 (véxase "Baudouin de Jonghe". Geneanet.org). e finado en Ixelles o 8 de abril de 1925, foi un numismático belga, presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica durante 36 anos. Traxectoria
Orixe familiar e formación Baudouin de Jonghe, Vizconde de Jonghe, naceu no seo da familia De Jonghe d'Ardoye, procedente da nobreza orixinaria dos Países Baixos meridionais, e posteriormente de Bélxica. Era fillo de Zénobie de Bagenrieux (1826-1897) e do Vizconde Jules de Junghe (1811-1857)."Baudouin de Jonghe". Geneanet.org
Cursou estudos na Escola Militar de Artillaría, na que se graduou como oficial do Exército belga, e participou na guerra de 1870.Tourneur, V. (1964). Páxina 313.Tourneur, V. (1925). Páxina 141.
Carreira profesional e como numismático Finalizada a contenda, abandonou a carreira militar e, xa na actividade civil, dedicouse a asuntos industriais e financeiros, chegando a formar parte de consellos de administración de diversas empresas.
Paralelamente á súa carreira profesional, de Jonghe dedicouse a cultivar a súa paixón pola numismática, que nacera xa na súa xuventude, durante a súa estadía na academia militar, cunha daquela incipiente colección de moedas. Ao tempo que ía incrementando a súa colección —chegou a compor unha das máis amplas do seu país—, dedicouse tamén ao estudo e a investigación numismática, e axiña comezou as súas publicacións sobre o tema.Tourneur, V. (1964). Páxinas 313-314.
O gran coleccionista belga Louis de Coster, amigo da súa familia, iniciouno na historia das emisións monetarias dos antigos principados dos Países Baixos, e en 1865 convidouno a ingresar como membro correspondente na Sociedade Real de Numismática de Bélxica (SRNB). O 4 de xullo de 1869 pasou á condición de membro de número desta entidade, da que logo foi elixido vicepresidente o 1 de xullo de 1888 e finalmente presidente o 24 de novembro de 1889, cargo que exerceu ata 1925.
Durante o seu período de mandato na SRNB encargouse de presidir tamén os comités organizadores de senllas edicións do Congreso Internacional de Numismática de 1891"The International Numismatic Congress at Brussels". En American Journal of Numismatics, and Bulletin of the American Numismatic and Archaeological Society. Vol. 26. Nº 2. Outubro de 1891. Páxinas 25-27."Bureau du Congrès". En Cumont, G.; de Witte, A. (1891). Congrès International de Numismatique organosé et réuni a Bruxelles. J. Joemaere, Bruxelas. e de 1910,"An International Numismatic Congress". En American Journal of Archaeology. Vol. XIV. 1910. Páxina 95. ambas celebradas en Bélxica. Polos seus servizos prestados á Sociedade, en 1919 esta entidade recoñeceuno coa entrega da súa medalla, e o 1 de marzo de 1925 nomeouno presidente de honra vitalicio.Tourneur, V. (1964). Páxinas 314-315.Tourneur, V. (1925). Páxina 142.
Entre outras entidades e sociedades eruditas, de Jonghe pertenceu tamén á Real Academia Belga de Arqueoloxía, como membro correspondente desde 1894 e como membro titular desde 1896."Membres titulaires". En Annales de l'Académie royale d'archéologie de Belgique. Vol. 60. Tomo X. 1908. Páxina IV. Igualmente, formou parte da Sociedade Libre de Belas Artes de Bruxelas, entidade que en 1897 lle encomendou formar parte dunha comisión organizadora do cuarto Salón da Sociedade, dedicado ao gravado de medallas e moedas.
De Jonghe foi autor dunha gran cantidade de artigos sobre numismática, a maior parte deles publicados en Revue belge de numismatique et de sigillographie, a revista da Sociedade Real de Numismática de Bélxica. Xeralmente, estes estudos versaban sobre moedas da súa propia colección, que pouco antes do seu pasamento vendeu a prezo reducido á Biblioteca Real de Bélxica, e pasou a formar parte do seu Gabinete de Medallas.Tourneur, V. (1964). Páxina 316.Tourneur, V. (1924). "La Collection de M. le Vte B. de Jonghe au Cabinet des Médailles de Bruxelles". En Revue belge de numismatique et sigillographie, Vol 76. Páxinas 209-211.
Vida persoal Baudouin de Jonghe acadou o título de vizconde en 1871, transferible a toda a súa descendencia. En 1876 casou coa baronesa Dolorès de Vinck de Deux Orp (1852-1938), con quen tivo un fillo chamado Eugène de Jonghe (1877-1947), que foi conselleiro provincial en Namur e alcalde de Anthée.
De Jonghe finou en Ixelles, rexión de Bruxelas-Capital, o 8 de abril de 1825 aos 82 anos,"Membres décedés pendant l'exercice 1924 1925". En Annales de l'Académie royale d'archéologie de Belgique. Vol. 73. Tomo III. 1925. Páxina XVI. como consecuencia dunha conxestión pulmonar.
Escolma de publicacións Baudouin de Jonghe publicou máis de 200 colaboracións na Revue belge de numismatique et de sigillographie ao longo da súa longa traxectoria como estudoso da numismática. Escólmase aquí unha mostra dun deses artigos representativos de cada unha das décadas de actividade de Jonghe."Bibliographie". En Tourneur, V. (1925). 142-145.
(1874). "Quelques monnaies rares et inédites du Brabant et de ses fiefs". En RBNS, Vol 30. Páxinas 97-107. (1889). "Trouvaille de monnaies du Moyen Âge faite à Walfergem (Assche), en mai 1889". En RBNS, Vol 45. Páxinas 587-591. (1890). "Deux monnaies frappées en Flandre en 1581". En RBNS, Vol 46. Páxinas 422-429. (1904). "Le florin d’or au type de Florence d’Englebert de la Marck, évêque de Liège (1345-1364)". En RBNS, Vol 60. Páxinas 49-52. (1910). "Deux deniers lossains frappés à Hasselt". En RBNS, Vol 66. Páxinas 5-11. (1922). "Quelques monnaies de Battenbourg". En RBNS, Vol 74. Páxinas 5-17.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gabinete de Medallas da Biblioteca Real de Bélxica Sociedade Real de Numismática de Bélxica
Bibliografía
Tourneur, V. (1925). "Nécrologie: Le Vicomte Baudouin de Jonghe". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 77. Sociéte royale de numismatique de Belgique. Páxinas 141-145.
Tourneur, V. (1964). "Jonghe (Baudouin-Auguste-Franóis-Chislain, vicomte de)". En Biographie nationale. Académie Royale des sciences, des letres et des beaux-arts de Belgique. Supl. Tomo IV. Fasc. 1. Páxinas 313-316.
Categoría:Nados en 1842 Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Finados en 1925 Categoría:Nados en Bélxica Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Historiadores de Bélxica Categoría:Militares de Bélxica Categoría:Nobres de Bélxica Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes