Gabriel Rei-Doval Grela, nado no Baño (Mugardos) en 1967, é un profesor, escritor e sociolingüista galego.

Traxectoria Despois de facer o bacharelato en Mugardos, estudou filoloxía na Universidade de Santiago, onde se licenciou e fixo a tese de doutoramento. Foi na USC onde comezou a investigar sobre sociolingüística e onde tiveron orixe as súas primeiras obras no eido.

Lector de lingua galega no Queen's College da Universidade de Oxford, baixo a supervisión de John Rutherford, e na Universidade de Birmingham, ás ordes de David Mackenzie, entre 1998 e 2003, en 2004 marchou a Milwaukee a dar clase na Universidade de Wisconsin-Milwaukee, no departamento de linguas castelá e lusófona.

Impulsor dos estudos galicianistas, foi directivo da AIEG. Colabora desde hai anos co xornal dixital Galicia Confidencial.

Obra Cartas de Marco Polo e outros relatos (Embora, 2004) A lingua galega na cidade no século XX: unha aproximación sociolingüística (Xerais) A lingüística galega desde alén mar Publicidade e lingua galega En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie (coeditado por Gabriel Rei-Doval e Francisco Dubert). Contacto de linguas, hibridade, cambio: contextos, procesos e consecuencias (co-coordinada por Eva Gugenberger, Henrique Monteagudo e Gabriel Rei-Doval, Consello da Cultura Galega - Instituto da Lingua Galega). Vender en galego, con Fernando Ramallo. Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia, con Fernando Ramallo e Montserrat Recalde. Actitudes lingüísticas en Galicia, con Fernando Ramallo e Montserrat Recalde. Usos lingüísticos en Galicia, con Fernando Ramallo Manual de Ciencias da Linguaxe, con Fernando Ramallo e Xoán-Paulo Rodríguez-Yañez

Vida persoal Casou para os Estados Unidos.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galicianistas Categoría:Sociolingüistas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes