Gender Trouble: Feminism and the Subversion of Identity (en ) é un libro da filósofa e teórica do xénero postestruturalista Judith Butler, publicado orixinalmente en 1990. Na obra, Butler defende que o xénero é performativo, no sentido de que é creado, mantido ou perpetuado por reiteracións na fala e nas interaccións cos outros.

Contidos Gender Trouble critica unha das presuposicións basilares da teoría feminista: que existen unha identidade e un suxeito que requiren representación na política e na linguaxe. Para Butler, "home" e "muller" son categorías marcadas por factores como a clase, a etnia e a sexualidade. Ademais, a suposta universalidade destes termos é paralela á do patriarcado, e suprime a particularidade da opresión en distintos tempos e lugares. Xa que logo, a autora evita as políticas da identidade en favor dun novo feminismo de coalición que ataque as bases da identidade e do xénero. No libro tamén se pon en dúbida a idea de que o sexo e biolóxico namentres o xénero é culturalmente construído. Segundo Butler, trátase dunha falsa distinción que introduce unha separación dentro das reflexións feministas; para ela, os corpos sexuados non poden significarse sen xénero, e a aparente existencia do sexo con anterioridade aos discursos e imposicións culturais non é máis ca un efecto do funcionamento do xénero. É dicir, que tanto o sexo como o xénero son construcións sociais.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Feminismo Categoría:Teoría queer Categoría:Xénero Categoría:Obras filosóficas