Carlos Rego Tesouro, nado en Ourense o 1 de xullo de 1965, é un músico, xornalista musical e escritor galego.

Traxectoria Participou nos grupos musicais Cosecha Roja, Burgas Beat, Viernes y los Robinsones e Tesouro (voz e guitarra desde 2022).

Colaborou na edición ourensá de La Voz de Galicia, 32 Pistas, Otoño Cheyenne, 18 Rodas, Nordesía (suplemento cultural do Diario de Ferrol) e Tempos Novos (falando de discos desde 2018). Tamén escribe en Ruta 66 desde 2004 e en Cuadernos Efe Eme desde 2022.

Obras

Galego

Magín Blanco. O camiño da luz (2019). Ferrol: Ed. Embora. 168 páxs. ISBN 978-84-17824-15-0. Bibiano. Cambiar para ser un mesmo. (2025). Vigo: Galaxia. 172 páxs. ISBN 978-84-1176-371-4.

Castelán

Nuevo Rock Americano, años 80. Luces y sombras de un espejismo (2010). Milenio Editorial. 173 páxs. ISBN 978-84-9743-401-0. Derribos Arias. Licencia para aberrar (2015). 66 RPM EDICIONS. 144 páxs. ISBN 978-8494362163.

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1965 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia