Filomena Fraga Rey, nada en Agrón (Ames) o 19 de maio de 1926, é unha poeta e labrega galega. Traxectoria Durante a súa infancia apenas puido asistir á escola, mais aprendeu a ler e pasaba o tempo lendo a obra Áncora da salvación do xesuíta José Mach (1854), o único libro que había na súa casa.
Con catorce anos os pais enviárona a traballar nunha casa na aldea do Portanxil, da que marchou logo de que lle negasen a reivindicación dun aumento de soldo por traballar o mesmo ca os homes. Marchou a Negreira, onde pasou a traballar, xa baixo mellores condicións, na casa do médico Manuel Negreira.
Como membro do Colexio Familiar Rural de Negreira, en 1974 asistiu a unha xuntanza en Valladolid, onde denunciou a situación de atraso que vivía o rural galego. Fixéronlle unha entrevista no xornal El Norte de Castilla o 1 de decembro dese ano. Militou no Sindicato Agrario Galego.
En 1995 publicou a súa primeira obra, A Cancela, animada por Suso de Toro e costeando a primeira edición cos seus aforros. O volume inclúe poesía e vivencias persoais. En 2006 o Concello de Ames reeditou a obra.
En 2010 participou no documental Señora de, dirixido por Patricia Ferreira.
Recoñecementos Co gallo do 8 de marzo de 2018, o Concello de Ames homenaxeou a figura de Filomena Fraga.
En xullo do 2019, no marco da celebración do Día da Patria Galega, foille entregada a medalla do Concello de Ames. Vida persoal Coñeceu o seu home nunha festa en Negreira. Estiveron casados 43 anos, nun matrimonio que ela describe como moi adiantado á súa época, ata a morte del a causa dunha enfermidade. Tiveron cinco fillos, que participaron dos Colexios Familiares Rurais. Unha das súas fillas, Marga Lesta, faleceu en maio do 2012, e dedicoulle un poema. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
“Escribín moitas poesías aparte do libro... e aínda me encargan”, entrevista en El Correo Gallego, 12-11-2021.
Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Ames Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes