miniatura|Vía romana no val de Fuenfría, na Serra de Guadarrama, España. miniatura|A Vía XVIII ou Vía Nova, ó seu paso polo concello de Lobios. As vías romanas foron a rede de calzadas da Roma Antiga, esenciais para o seu rápido crecemento e eexpansión. Capacitando aos romanos para mobilizar os seus exércitos. Un vello proverbio di que "todos os camiños levan a Roma." As vías romanas foron proxectadas para dificultar nas provincias a organización de resistencia contra Roma. Na súa culminación, o sistema de vías romanas atinxiu 85 300 km, cuns 372 ramais.

Os romanos, por razóns militares, comerciais e políticas, impulsaron a construción de estradas, que denominaron viae (nominativo plural do nominativo singular via), palabra derivada da raíz indoeuropea *wegh-, que significa "ir", no sentido de "transportar nun vehículo" (voz proveniente da mesma raíz). As viae foron primariamente sentidas como estradas para carros, é dicir para carretaren materiais dunha localidade a outra. Moitas desas vías foron aínda utilizadas nos milenios posteriores.

Estas extensas estradas foron de grande importancia para manter tanto a expansión como a estabilidade do Imperio. As lexións movíanse con rapidez por elas. Porén na Antigüidade tardía esas mesmas estradas xogaron un importante papel nos reveses militares sufridos polos romanos, ao canalizaren as invasións bárbaras.

Historia

Primeiras vías miniatura|Vías hispanas no Itinerario de Antonino. miniatura|Vía XIX entre as vías romanas de Gallaecia. miniatura|Vía da Prata.

Ata 400 a. C., os romanos utilizaban camiños para deslocarse desde a súa capital ás cidades veciñas circundantes. O ataque galo de Brenno, en 390 a. C., que se revelou desastroso para os romanos, mostrou a ineficacia do sistema defensivo de Roma, debido principalmente á lentitude de desprazamento das tropas sobre o que eran apenas sendas pouco aptas para se mover. A necesidade dunha mellor defensa, xunto á vontade de expansión e de hexemonía sobre Italia, levou á República romana, aínda fráxil e ameazada desde o exterior, a pór en cuestión unhas estruturas escasamente adaptadas a eses desexos, precisábanse rutas sólidas e un sistema de relevos. Estes eixos permitiron, de certo, unha circulación máis rápida e doada, mais sobre todo facilitaron a mobilización pronta de tropas.

A primeira vía foi creada en 312 a. C., por Apio Claudio Cego, para unir Roma e Capua: foi a denominada Vía Appia. A fins da República Romana, o conxunto do territorio da Península Itálica estaba dotado destas grandes arterias, ostentando cada ruta o nome do censor que a creara. Estas vías non estaban pavimentadas salvo excepcionalmente: no interior das cidades e nas súas proximidades (excepto a Vía Appia, que fora progresivamente laxeada en todo o seu curso).

Expansión da rede A medida que se expande o Imperio, a administración adaptará o mesmo esquema nas novas provincias. No seu apoxeo, a rede ruteira romana principal atinxirá, tendo en conta vías secundarias de menor calidade, arredor de 150 000 km. Os comerciantes romanos viron moi logo o interese deses eixos viarios. A diferenza doutras civilizacións mediterráneas que fundaran o seu desenvolvemento comercial case unicamente a partir dos seus portos, os romanos utilizarán a súa rede de estradas en paralelo coa súa frota comercial. Isto favorecerá os intercambios no interior continental, provocando unha expansión mercantil fulgurante. Rexións enteiras especializaranse e comerciarán entre elas (viños e aceite en Hispania, cereais en Numidia, cerámicas e produtos cárnicos na Galia, por exemplo).

Construción Execución do trazado miniatura|Groma experimental reconstruída

Unha vez tomada a decisión de construír unha vía, a delimitación do trazado era logo confiada a topógrafos e axudantes xeómetras, os mensores. Para traballar, os mensores utilizaban varios instrumentos: a groma, antecesor da actual escuadra de agrimensor. Empregábase para facilitar o trazado de ángulos rectos. Componse de catro paus e vai provista de cinco fíos cun chumbo que permitían trazar liñas perpendiculares a partir dun punto central. o chorobato, gran regra (duns 6 m) ríxida, colocada sobre un pé e furada na súa parte superior por unha rañura, que contiña auga. Usábase para cálculos de nivel, permitindo dar unha pendente regular nas zonas con relevo. o dióptrico, instrumento composto dun triángulo provisto dun fío con chumbo. Servía para nivelar a calzada.

De xeito xeral, as vías romanas caracterízanse polo seu trazado rectilíneo. Evitan ao máximo as zonas pantanosas e as beiras inmediatas aos cursos de auga. Cando non quedaba máis remedio que franquealas, a vía atravesaba por un vao ou sobre unha ponte, de madeira ou de pedra, obra da que quedan aínda magníficos exemplares. En zonas montañosas, buscan un trazado a media ladeira, por razóns de comodidade e seguranza. Moitos trazados abrazan as curvas de nivel ou ben líganas de modo brusco, por medio de fortes pendentes (un exemplo na Gallaecia, son os "Cóbados de Larouco", na Vía Nova). As vías ensanchábanse nas curvas para facilitar que as carruaxes, carentes de bestas, virasen mellor.

Despois da toma de medicións, os mensores sinalaban o trazado por medio de marcos.

Método construtivo A construción era acometida desde varios tramos independentes de lonxitudes variábeis. Isto explica os lixeiros cambios de orientación que se observan con frecuencia. A obra era confiada, entre outros, a soldados, aos que se daba así unha ocupación en tempos de paz. Os tramos realizados por eles atopámolos nas proximidades de campamentos militares. Outros tramos foron construídos por escravos, colonos de propiedades próximas e presos. Ao contrario da idea tan espallada e admitida, a vía romana non segue un padrón-tipo fixo, senón que son tramos de maior ou menor calidade e mellor ou peor reparados.

A execución da vía era diferente segundo a topografía do chan: escavado en terreo chairo, realzado con atrincheiramento e escombrado en terreos en relevo, escombrado-sostén para zonas de depresións.

Preparado o terreo para a calzada, colocábanse diferentes estratos de materiais locais: o statumen : é o alicerce da vía, formado con bloques de pedras disformes; a fin era obter o mellor asentamento e unha óptima drenaxe. o rudus ou nucleus : é un estrato de xabre ou grava, colocado sobre o statumen, que permitía unha igualación do nivel. o summum dorsum : é a capa de rodaxe, formada por unha mestura de areas finas, brita, calcarias ou terra. Debía unir características de lixeireza e dureza.

Contrariamente a unha idea moi difundida, a vía romana estaba raramente pavimentada, a excepción de nas proximidades das cidades ou en zonas especiais.

O perfil da calzada era empenado, facilitando o deslizamento das augas pluviais para foxos de drenado situados a cada beiril. Estes foxos servían ás veces como fonte de subministración de materiais de aluvión para reparacións. As vías eran un privilexio das tropas, das carruaxes e dos vehículos de transporte de persoas. Con frecuencia hai camiños que duplican as vías para facilitar o paso de xentes da pé e da cabalo.

miniatura|centro|750px|Corte transversal dunha calzada romana en Pompeia. (A). Chan: nivelado e, de ser necesario apisoado.(B). Statumen: alicerce da vía, formado con bloques de pedras disformes; a fin era obter o mellor asentamento e unha óptima drenaxe.(C). Audits: grava ou croios amais xabre.(D). Rudus ou nucleus: é un estrato de xabre ou grava, colocado sobre o statumen, para igualalo nivel.(E). Dorsum: capa superior; formada por unha mestura de areas finas, gravas, calcaria ou terra, que debía unir as características de lixeireza e dureza. O perfil da calzada era convexo, facilitando que as augas pluviais escorran cara a beira.Nesta figura aparece o pavimento empedrado; por estar a calzada pavimentada deste xeito nas proximidades das cidades.(F). Crepido, margo ou semita: beiravía.(G). Pedras de reforzo.

Clasificación das vías romanas Os escritos de Siculus Flacus, mensor romano do século I d. C., danos a clasificación seguinte :

Viae publicae miniatura|Miliario de Nerón na Vía da Prata no Municipium Cáparra, Cáceres. Son as grandes vías do Imperio, as arterias principais da rede de comunicacións, que unen entre si as grandes cidades. Son denominadas tamén viae praetoriae (vías pretorianas), viae militares (vías militares) ou viae consulares (vías consulares). O Estado toma a cargo o financiamento da súa construción, mais pode esixir contribucións das cidades e dos grandes propietarios dos dominios agrarios atravesados por estas vías.

Levan con frecuencia o nome da persoa que impulsara o proxecto da súa construción (Agripa para a Via Agrippa, Domicio Ahenobarbo para a Via Domitia). Nalgunhas ocasión o nome corresponde á zona que comunica, como a Via Latina, ou a fin para que fora executada, como a Via Salaria, que era unha primitiva ruta de aprovisionamento de sal.

A xestión destas vías é confiada á vixilancia dun curator viarum (procurador das vías), un funcionario estatal. Emite ordes para traballos nas calzadas, especialmente reparacións.

A anchura media, constatada, dunha via publica, é de 6 a 12 m.

Viae vicinales Son ramais que parten das viae publicae,permitindo unir os diferentes vici (plural de vicus, designación dunha localidade menor) dunha mesma rexión. Constitúen sen dúbida a maior parte das estradas da rede total.

A anchura media dunha via vicinalis era de arredor de 4 m.

Velaquí algúns exemplos na Galia de viae vicinales : a Vía "Regordane" que unía Le Puy con Montpellier ou a Vía de Aquitania a unir Narbona e Burdigala, hoxe Bordeos.

Viae privatae Enlazaban os grandes dominios, as villae, coas viae vicinales e publicae. Eran calzadas privadas, reservadas ao uso só dos propietarios que as financiaban totalmente. Atopámolas nos lindes dos grandes latifundios.

A anchura media dunha via privata estaba entre 2,50 e 4 m.

Documentos viarios O traballo de enxeñeiros e mensores non estaba limitado ao cálculo e marcado das vías. Mercé a inmensa cantidade de datos que achegaban (distancias entre cidades, obstáculos, pontes etc.), forneceron a base do traballo das persoas encargadas de elaborar os mapas.

A base do traballo dos cartógrafos romanos era o rolo, de longo e ancho estabelecido e recheo por enteiro. Isto implica unha distorsión da vista de conxunto. Non se coñece a perspectiva e a escala, como nas nosas guías, mapas e itinerarios actuais. Porén o viaxeiro romano podía atopar numerosas indicacións sobre as etapas e as paradas, a lonxitude desas etapas, os obstáculos ou os lugares notábeis (capitais, santuarios), cousas que importaban abondo ao viaxeiro desa época.

O mapa xeral das ramificacións das vías consulares estaba exposto, en mármore, no Foro Romano. Dese mapa se realizaban, para vender, copias en pergamiño; incluso había mapas parciais para un itinerario concreto.

Tabula Peutingeriana O documento, máis coñecido e completo, chegado ata nos é a Táboa de Peutinger, ou Tabela Teodosiana. esquerda|miniatura|Tabula Peutingeriana (vista parcial). Pódese ver arriba os Balcáns; no centro a "bota" italiana; abaixo, África Norte É, en realidade, a copia feita por un moxe alsaciano no século XIII, a partir dun documento realizado a inicios do século III por Castorius, que podería ser mesmo unha copia do mapa do Imperio de Agripa, destinada ao seu sogro, o emperador Augusto. Doada ao humanista Konrad Peutinger, gárdase actualmente na biblioteca de Viena, Austria.

Consta de 11 follas (en total 6,80 m por 0,34 m), representa o mundo coñecido na época, desde Britania (Inglaterra) ata o Norte de África, e desde o Atlántico ata a India.

Itinerario de Antonino