Rubén Colmenero Ferreiro, chamado Pisto, nado o 1 de xullo de 1985 en Vilar de Santos, é un político e ex xogador de fútbol galego, que foi alcalde de Vilar de Santos.
Traxectoria Mestre e licenciado en Educación Física, foi xogador de fútbol e preparador físico. Xogou de defensa no Verín CF en Terceira división na temporada 2009-10, e tamén despois no CF Boado (de Boado, unha parroquia de Xinzo), no Antela e no Vilar de Santos AD. Os últimos anos da súa carreira deportiva botounos no Antela, o equipo da capital de Xinzo.
Militante do BNG, presentouse ás eleccións municipais en 2023 e foi elixido concelleiro na lista que obtivo a maioría absoluta. Ocupou a primeira tenza de alcaldía ata febreiro de 2025, data en que pasou a substituír o anterior alcalde, Antonio Míguez, na vara de mando municipal. Nove meses máis tarde renunciou ao cargo por "motivos persoais urxentes" e foi substituído por Marcos Nogueiras.
Vida persoal Vive e traballa en Vilar de Santos. Ten unha filla. Traballa nunha empresa do sector da madeira.
Notas
Categoría:Alcaldes de Vilar de Santos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Nados en Vilar de Santos Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores do Verín CF Categoría:Xogadores do Antela FC Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes