, nado en Gaochu (provincia de Jiangsu) o 15 de outubro de 1935, é un pintor, calígrafo, filósofo e escritor chinés. Tras as protestas de Tian'anmen, foi trasladado aos Estados Unidos como parte da chamada operación paxaro amarelo (en ). Na actualidade, reside en Las Vegas.
Traxectoria En 1955, graduouse da Escola Normal de Jiangsu. Foi asignado como profesor de arte en Lanzhou, na provincia de Gansu. En febreiro de 1957, a causa da publicación do seu texto Lun mei ("Sobre a beleza") na revista pequinesa Xinjianshe, foi acusado de escritor de dereitas como parte da campaña antidereitista iniciada por Mao Zedong. Nese mesmo inverno, foi retirado do seu posto e enviado a un campo de reeducación. En 1962, foi liberado e trasladado á Academia de Investigación de Dunhuang, onde traballou como axudante de Chang Shuhong. En 1966, foi novamente obxecto de críticas debido á Revolución Cultural e encerrado nun campo de traballos forzados.
En 1977 recibiu a súa rehabilitación política. Ao ano seguinte, foi transferido ao departamento de Filosofía da Universidade de Lanzhou, onde se encargou da especialidade de Estética. A finais de 1978, comezou a traballar no Instituto de Ciencias Sociais da China. En 1982, regresou á Universidade de Lanzhou.
En 1989, tras os incidentes de Tian'anmen, foi acusado de elaborar propaganda contrarevolucionaria, polo que entrou en prisión. En 1992, grazas á operación paxaro amarelo, saíu da República Popular a través de Chengdu. O 11 de xullo chegou a Hong Kong; ao ano seguinte, trasladouse aos Estados Unidos, onde aínda reside na actualidade.
Publicacións Lun mei 论美 ("Sobre a beleza", 1982). Mei shi ziyou de xiangzheng 美是自由的象征 ("A beleza como símbolo de liberdade", 1986). Pinglun de pinglun 评论的评论 ("A crítica da crítica", 1988). Mei de kangzheng: Gao Ertai wenxuan zhi yi 美的抗争:高尔泰文选之一 ("A loita pola beleza: Escolma de textos de Gao Ertai 1", 1995). Mei de juexing: Gao Ertai wenxuan zhi er 美的觉醒:高尔泰文选之二 ("O espertar da beleza: Escolma de textos de Gao Ertai 2", 1997). Xunzhao jiayuan 寻找家园 ("Na procura do fogar", 2004). Chan hua chan hua 禅话禅画 ("Palabras e imaxes chan", 2011).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores da China Categoría:Pintores da China Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados en Jiangsu