A rexión de Kivalliq (en silabario inuktitut: ᑭᕙᓪᓕᖅ, pronuncia en inuktitut: /kɪˈvælɪk/), é unha rexión administrativa de Nunavut, no Canadá. Abrangue a parte continental ao oeste da baía de Hudson xunto coa illa Southampton e a illa Coats. A capital rexional é a vila de Rankin Inlet.
Demografía A poboación era de 11 045 habitantes no censo canadense de 2021, o que supón un aumento do 6,1% respecto ao censo de 2016.
Localidades
Vilas Arviat Baker Lake Chesterfield Inlet Coral Harbour Naujaat Rankin Inlet Whale Cove
Antigas vilas e aldeas Cape Fullerton Ennadai Maguse River Padlei Tavani Wager Bay
O resto da rexión denomínase "Kivalliq, non organizado" por Statistics Canada.
Clima A rexión de Kivalliq ten un clima subártico (clasificación climática de Köppen Dfc) e un clima de tundra (ET). Non obstante, está case enteiramente por riba do límite arbóreo. As temperaturas mantéñense por debaixo de cero desde finais de setembro ata principios de xuño, e acadan un máximo de 10 °C en xullo. Os días son moito máis longos no verán que no inverno.
Notas
Categoría:Rexións de Nunavut