miniatura|Felús omeia de al-Ma'mun, AH 219 (834-835 d. C.), cuñado en Xerusalén.|260x260px O felús"Felús". En Digalego. Dicionario de galego. (árabe: فلس, romanizado: fals, plural fulus) foi unha moeda medieval de cobre do mundo musulmán producida por primeira vez polo califato omeia (661-750 d.C.) a finais do século VII."Fels". En Münzen Lexikon (Reppa.de).
Historia A moeda deriva do follis,"Felús". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 84. unha moeda romana de cobre e, máis tarde, tamén moeda bizantina. Orixinalmente, o felús cuñouse seguindo o padrón bizantino, de maneira que 48 feluses equivalían a un dirham de prata. miniatura|260x260px|Felús do califa samánida Mansur I ibn Nuh. AH 350-365 (961-976 d.C), cuñado en Bukhara.
Como é habitual na maioría das moedas islámicas, o felús era anicónico e adoitaba presentar unha escrita árabe ornamentada en ambas as faces. Na época do califatio abbásida, nestas inscricións mencionábase o nome do gobernante emisor, así como o lugar e o ano da cuñaxe. A partir do século X, o felús foi perdendo progresivamente a súa importancia no sistema monetario, aínda que recuperou valor no emirato de Bukhara e como principal moeda circulante en Exipto nos séculos XIV e XV, cando un dirham equivalía a 24 feluses. Producíronse moi diversas emisións de feluses ata o século XIX, cun peso variable entre un gramo e dez gramos ou mesmo máis. miniatura|260x260px|Felús peninsular do Emirato de Córdoba. Na Península Ibérica, os feluses cuñáronse ocasionalmente, de xeito exclusivo durante a época inicial da invasión musulmá, no século VIII da Héxira (séculos IX e X d.C.), e no reino nazarí de Granada.Rodríguez Lorente, J. J. (1982). Páxina 12.
A existencia desta pequena peza de cobre foi fonte de controversia para os xuristas musulmáns: cabe citar a Al-Maqrîziy, quen no seu Ighathah (1405) e sobre todo en al-Nuqud al-Islamiyyah («A moeda do islam», 1415), advertía de que «os muslmáns non deberían utilizar máis que o dinar de ouro e o dirham de prata nas súas transaccións».Abdullah, A. (2020). Páxina 2.
Etimoloxía O nome procede do árabe marroquí flus (pl. fulus), e este termo deriva, pola súa vez, do grego antigo phóllis (φόλλις), que chegou ao árabe a través do arameo. É probable que o termo actual en galego fose tomado da forma plural árabe.
Moedas modernas miniatura|260x260px|Moeda marroquí de 4 falús de AH 1290 (1873/4 d.C.), cuñada na ceca de Fez. Na Idade Moderna, o felús deu orixe a outras moedas:
Fils, a moeda divsionaria dos modernos dinar, dirham ou rial como moeda de diversos países (Bahrain,"Bahrain: Dinar (1965-date)". Numista.com Iraq,"Iraq: Dinar (1931-date)". Numista.com Xordania,"Jordan: Dinar (1949-date)". Numista.com Kuwait,"Kuwait: Dinar (1960-1990 and 1991-date)". Numista.com Iemen"Yemen: North Yemen: Rial (decimalized, 1974-1990)". Numista.com e Emiratos Árabes Unidos)."United Arab Emirates: Dirham (1973-date)". Numista.com Falus, moeda marroquí vixente entre 1672 e 1901."Marocco: Falus". Numista.com
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Abdullah, A. (2020). "The Islamic Monetary System: Dinar and Dirham". En International Journal of Islamic Economics and Finance Studies. Vol. 6. Nº 1. Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura, Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7 Rodríguez Lorente, J. J. (1982). Prontuario de la moneda arábigo-española. Vico, Madrid. Páxina 12. ISBN 9788485711055
Categoría:Moedas de África Categoría:Moedas de Asia Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Moedas divisionarias Categoría:Moedas fóra de curso