dereita|miniatura|Campo de Monte da Mina.

O Club Racing de Castrelos é un equipo de fútbol galego da parroquia de Castrelos, pertencente ao concello de Vigo. Fundado en 1923, xoga no grupo II da Primeira Galicia. O seu campo de fútbol é o campo do Monte da Mina, de herba sintética, cunha capacidade para uns 200 espectadores.

Historia O Racing de Castrelos fundouse o 5 de outubro de 1923, malia non ser rexistrado oficialmente até o 18 de marzo de 1924. Na tempada 1936/1937 o club deixou de competir por mor da guerra civil española, e retomou a actividade en 1953.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª RFEF: 0 Tempadas en 3ª: Tempadas en Preferente Galicia: 1

Escudo e cores As cores históricas do equipo vigués son o vermello, o branco e o negro, e así se reflicte no seu escudo e no seu equipamento. O uniforme está formado por unha camisola con raias ou bandas brancas e vermellas, e un pantalón negro ou branco.

O escudo ten o corpo dividido en tres partes: na inferior, unha paisaxe montañosa en branco e negro; na parte central, e tamén en cores branco e negro, a silueta dunha lúa minguante e catro estrelas en forma de asterisco; e a parte superior, finalmente, está constituída por bandas brancas e vermellas. Ao timbre, unha coroa en branco e negro e as cores, en vermello, coas siglas CRC por Club Racing Castrelos.

Notas

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Vigo