Priscila Retamozo Ramos, nada o 24 de maio de 1993 en Buenos Aires, Arxentina, é unha politicóloga, especializada en igualdade de xénero. Coordinadora do proxecto coeducativo “Comando Igualdade” e presentadora e directora de contidos do videopodcast “Histérikas Histórikas”. Publicou xunto a Chis Oliveira “Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas (Catro ventos) e A revolución feminista nas aulas (Catarata). Activista feminista, foi galardoada cos Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías na categoría de Feminismos.
Traxectoria Nada en Buenos Aires, pero fincada en Vigo desde 2003, graduouse en Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente realizou o Mestrado en Igualdade de Xénero da Universidade de Málaga. En 2018 iniciou unha estadía como asistente técnica en ONU Mulleres Ecuador. Coordina o proxecto coeducativo Comando Igualdade impulsado por Chis Olivera.
En 2021 publicou xunto a Chis Oliveira o libro Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas (Catro Ventos) e en 2022 A revolución feminista nas aulas. Comando Igualdade (Catarata).
Como activista, presenta e dirixe os contidos do videopodcast “Histérikas Histórikas”, premiado na categoría de programa revelación dos Premios Youtubeiras. Este programa gravado con público en directo e emitido en diversas plataformas consiste en abordar diversas temáticas de actualidade baixo a perspectiva feminista, entrevistando figuras relevantes como Amelia Tiganus, Sara Hebe, Ángela Rodríguez Pam etc.
Traballa tamén como consultora e formadora especialista en igualdade de xénero con infancia, adolescencia, profesorado, familias e empresas. Coordina o programa “Canteira dá Igualdade” pertencente á Escola Maria Vinyals da Deputación de Pontevedra. Tamén publica artigos de opinión no Faro de Vigo e foi galardoada en 2022 co Premio Emilia Pardo Bazán no País das Rías na categoría de Feminismo.
Obra
A revolución feminista nas aulas. Comando Igualdade (2022). Catarata. ISBN 978-8413525341 Comando Igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas (2021). Catro Ventos. ISBN 978-84-122499-7-2 As benfaladas (2024) de María Xosé Porteiro: Prólogo escrito por Priscila Retamozo. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-1176-356-1 Las trampas de la pornografía. La sexualidad que deseamos (2025). Catarata. ISBN 978-84-1067-406-6. Con Amada Traba Díaz e Chis Oliveira.
Premios e recoñecementos
Premio Emilia Pardo Bazán no País das Rías na categoría de Feminismo (2022)
Notas
Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Feministas da Arxentina Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela