O factor do complemento B é unha proteína que nos humanos está codificada no xene CFB do cromosoma 6.
Función
O xene CFB codifica o factor B do complemento, un compoñente da vía alternativa de activación do sistema do complemento. O factor B circula polo sangue como unha soa cadea polipeptídica. Despois da activación da vía alternativa, é clivado polo factor D do complemento, rendendo a cadea non catalítica Ba e a subunidade catalítica Bb. A subunidade activa Bb é unha serina protease que se asocia con C3b para formar a vía alternativa da convertase de C3. Bb está implicado na proliferación de linfocitos B preactivados, mentres que Ba inhibe a súa proliferación. Este xene localízase no complexo maior de histocompatibilidade (de clase III), nunha rexión do cromosoma 6 humano. Este cluster de xenes contén varios xenes que interveñen na regulación da reacción inmune. Un sitio de poliadenilación deste xene está a 421 bp desde o extremo 5' do xene para o compoñente do complemento 2.
miniatura|esquerda|500px|Vía alternativa.
Notas
Bibliografía
Ligazóns externas GeneReviews/NCBI/NIH/UW entrada sobre a síndrome hemolítica-urémica atípica Entradas de OMIM sobre a síndrome hemolítica-urémica atípica A base de datos en liña MEROPS de peptidases e os seus inhibidores: S01.196
Categoría:Sistema do complemento