miniatura|Goleta de bandeira alemá Atalanta, co aparello clásico.|267x267px Unha goleta ou schooner é un tipo de embarcación de vela caracterizada por utilizar velas de proa e de popa en dous ou máis mastros. O que os distingue é o feito de que o mastro de popa, ou mesana, é máis grande e máis alto que os demais.

As goletas foron utilizadas por primeira vez polos holandeses no século XVI ou XVII, e posteriormente desenvolvéronse en América do Norte durante a Guerra de Independencia dos EUA e tamén na Guerra dos Sete Anos, un barco que se chamaba bergantín ou brig.

Terminoloxía O termo inglés schooner deu lugar á palabra portuguesa escuna, tamén empregada en galego reintegracionista.Gazeta de Lisboa. Na officina de Antonio Correa Lemos.; 1819. p. 2.

Algunhas lanchas a motor que non usan velas chámanse ás veces erroneamente goletas, xa que algunhas delas teñen mastros aparellados como as goletas. Na Polinesia Francesa, o termo goulette refírese a pequenos buques de carga modernos que conectan as illas dos diversos arquipélagos.

Etimoloxía Este termo en inglés, schooner, apareceu por primeira vez na costa leste de América do Norte a principios de 1700, derivado posibelmente dunha palabra na lingua xermánica escocesa scots, que significa saltar sobre agua ou pedras, ou unha adaptación neerlandesa. O aparello fora inventado por mariñeiros holandeses no século XVI co nome de schoener ou schöner.

O termo "goleta" deriva da palabra en lingua francesa goulette / goéllette, tomada do bretón gwelan (gaivota), como outros tipos de embarcación que levan o nome de aves mariñas (por exemplo snipe, que significa bilurico). O termo francófono para a embarcación está rexistrado desde a década de 1740, como "goëlette".

O topónimo galego Goleta pode referirse a distintos lugares, quizais chamados así en relación á batalla de La Goulette (actual Tunisia), como apunta Gonzalo Navaza.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Barco Navegación marítima Veleiro

Ligazóns externas Pailebotes no Mediterráneo occidental (en castelán)

Categoría:Embarcacións Categoría:Vela