Jorge Carrillo Balea, nado en Poio o 7 de xaneiro de 2002, máis coñecido coma Coke Carrillo, é un xogador de fútbol galego que xoga como porteiro. Traxectoria Antes de se adicar ao fútbol, Coke Carrillo practicaba judo. Carrillo comezou a súa andaina coma porteiro na categoría de Cadete do Pontevedra CF. Á idade de Xuvenil foi recrutado polo FC Barcelona, onde recalou na División de Honra Xuvenil, onde acabou alcanzando a titularidade. Durante esa etapa foi tamén internacional coa selección española sub-18 e sub-19, onde compartiu concentración con Gabri Veiga. Finalmente, non foi quen de debutar co filial do Barcelona e foi fichado polo Celta Fortuna.
Durante a etapa do Chacho Coudet, Carrillo foi convocado en 17 partidos de La Liga co primeiro equipo celeste, mais non desfrutou de ningún minuto.
En 2024 sufriu unha lesión de clavícula que o mantivo apartado do filial celeste varios meses até reaparecer fronte ao Zamora.
Notas
Categoría:Nados en 2002
Categoría:Nados en Poio Categoría:Futbolistas de Poio Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes