Fortunato Caña Gamero, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela entre 1836 e 1839. Foi nomeado Promotor Fiscal para Pobra de Trives en 1853,La Época, 29-6-1853, p. 1. volveu ser nomeado para o mesmo posto en xaneiro de 1856,Boletín Judicial de Galicia, 26-7-1856, p. 8. e foi trasladado ao mesmo posto en Vilamartín de Valdeorras en 1858.La Época, 9-6-1858, p. 1. Foi nomeado xuíz de primeira instancia de Vélez-Rubio en 1862,La Iberia, 16-4-1862, p. 3. trasladado ao xulgado de Navahermosa a finais de 1864,La Esperanza, 17-12-1864, p. 3. e nomeado xuíz de Vilanova i la Geltrú en xullo de 1866.La Corona, 19-7-1866. Colaborou en Revista de España. Foi nomeado letrado da Dirección xeral de propiedades e dereitos do Estado en agosto de 1870.La Correspondencia de España, 23-8-1870, p. 1. Logo da repetición das eleccións de 1872 no distrito da Pobra de Trives nas que resultou elixido Alejandro González Olivares, foi elixido deputado polo Partido Radical en loita contra Sagasta, que acabou retirando a súa candidatura, en decembro de 1872.El Tiempo, 28-12-1872, p. 3. Foi nomeado gobernador civil de Ourense en febreiro de 1874.El Heraldo Gallego, 5-2-1874, p. 8. En marzo de 1875 foi nomeado xuíz do distrito da Magdalena de Sevilla.El Tiempo, 23-3-1875, p. 3. Fiscal de Granada, en decembro de 1882 foi nomeado fiscal de Huércal-Overa.La Unión, 5-12-1882, p. 4.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Expediente de Caña y Gamero, Fortunato. (1836 / 1839)
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Xuíces de España
Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Ourense