José Vázquez Moreiro, nado en Santiago das Caldas (Concello de Canedo) e finado en Ourense en xuño de 1891, foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria Fillo de Vicente Manuel Vázquez e Vicenta Moreiro Fernández. Estudou no Instituto agrícola Afonso XII de Madrid. Enxeñeiro agrónomo. Foi nomeado pola Deputación secretario da Xunta provincial de Agricultura, Industria e Comercio de Ourense en 1870.El Eco del Liceo, 8-7-1870, p. 2. Foi elixido deputado polo distrito de Quiroga nas eleccións de 1873. Foi ascendido a enxeñeiro xefe da sección agronómica da provincia de Ourense en xullo de 1888.Crónica de Pontevedra, 23-7-1888, p. 3. Finou en Ourense a principios de xuño de 1891.La Correspondencia de España, 5-6-1891, p. 3.Gaceta de Galicia, 6-6-1891, p. 2.La Correspondencia de España, 9-6-1891, p. 1.
É autor da "Breve noticia sobre el estado actual de la agricultura y ganadería de la provincia de Orense" dirixida ao Consello Superior de Agricultura, industria e Comercio en 1875. Tamén fixo un estudo sobre os castiñeiros xunto con Antonio G. Quevedo en 1877,El Diario de Galicia, 26-10-1894, p. 1. e outro sobre a emigración. Notas
Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1891